Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/12/2015 | Actualizada ás 09:00
Ciudadanos xa ten líder en Galicia. Tardou en chegar pero, a cinco días das eleccións do 20D, a formación laranza xa ten voceira. Trátase de Olga Louzao.
A formación laranxa aproveitou o seu acto central en Galicia, que tivo lugar este martes no Palacio da Ópera da Coruña, para presentar a Louzao, que é a voceira do grupo municipal de C's no Concello de Lugo.
O seu nomeamento estivo arroupado por Inés Arrimadas e Marta Rivera, que presentaron o programa electoral e algunhas das súas propostas para Galicia nese acto ante a ausencia de Albert Rivera, que asistiu ao funeral polos dous policías asasinados en Afganistán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.