Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/09/2024 | Actualizada ás 11:04
Unha persoa resultou ferida tras ser atropelada por unha furgoneta que daba marcha atrás despois de chocar contra unha árbore en Cangas, preto da igrexa. Segundo informou o 112, foi sobre as 05.00 horas deste sábado cando varios particulares alertaron dun atropelo e detallaron que un coche chocara contra unha árbore e, posteriormente, atropelou a unha persoa mentres daba marcha atrás.
A central de emerxencias alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo, á Policía Local, á Garda Civil e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas. Unha vez no punto os bombeiros tiveron que excarcerar á persoa ferida tras quedar atrapada e, posteriormente, foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.