O prazo para pedir axudas galegas para promocionar o viño en terceiros países segue aberto

O obxectivo destas axudas, dotadas cun orzamento de 1,7 millóns de euros, é apoiar ao sector vitivinícola galego na promoción do viño en terceiros países (fóra da UE), no marco da Intervención Sectorial Vitivinícola.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2024 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural lembrou que segue aberto o prazo para pedir as axudas para a promoción do viño galego en terceiros países para as convocatorias 2025-2026, dotadas cun orzamento de 1,7 millóns de euros. As axudas poderán solicitalas as empresas vinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas e as súas asociacións, as organizacións interprofesionais, ou os órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas, así como as súas asociacións.

Tamén poderán recibir axuda as asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño, as cooperativas que comercialicen viños elaborados por elas ou polos seus asociados ou as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños. O obxectivo destas axudas é apoiar ao sector vitivinícola galego na promoción do viño en terceiros países (fóra da UE), no marco da Intervención Sectorial Vitivinícola.

Vendima
Vendima | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta