Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2024 | Actualizada ás 17:08
O Parlamento galego reclamou unha flexibilización fiscal no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e nas Sociedades para favorecer a xestión forestal. Así o acordou, a proposta do PP e sen votos en contra, a Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, que tivo lugar na mañá deste venres.
En concreto, a Cámara reclama á Xunta que defenda ante o Ministerio de Facenda esta flexibilización fiscal para os propietarios de terreos forestais.
Ademais, tamén avoga por que Galicia reclame ao Ministerio de Economía a elaboración dun plan sectorial contable para o sector forestal que permita unha tributación "máis xusta" e acorde á capacidade de renda "xerada" como establece a Constitución.
AXUDAS AO VACÚN DE CARNE
Por outra banda, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, sinalou que a Xunta concedeu 11,37 millóns de euros en axudas ao sector do vacún de carne repartidas entre 5.294 ao amparo da última conovocatoria extraodinaria par aproductores da Indicación Xeográfica Protexida (IGP) Tenreira Galega.
En resposta a unha pregunta formulada polo Grupo Socialista, o representante da Consellería do Medio Rural apuntou que as axudas ao vacún de carne extensivo financiadas pola Política Agraria Común alcanzaron os 60 millóns de euros no primeiro alicerce, mentres que no segundo chegouse aos 30 millóns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.