A Xunta adia as explicacións sobre a suba do canon de Sogama porque a conselleira está de viaxe en Bruxelas

Protesta de BNG e PSdeG que critican que se tente atrasar as explicacións de "cuestións polémicas"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2024 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O primeiro pleno do período de sesións tras o parón estival arrincou coas queixas dos principais grupos da oposición, BNG e PSdeG, polo adiamento das interpelacións que este mércores debía responder a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, sobre a subida do canon que Sogama cobra aos concellos pola recollida de residuos sólidos urbanos.

A caída destes dous puntos da orde do día, xustificada desde a Xunta pola viaxe da conselleira a Bruxelas para abordar cuestións relaciondas coa situación do sector eólico en Galicia, provocou as críticas de nacionalistas e socialistas, que consideran que, con iso, o Goberno galego trata de "fuxir" de dar explicacións sobre unha cuestión "viva" no debate público.

Así o manifestou a deputada frontista Olalla Rodil, que censurou que "unha vez máis" o PP "escape dunha cuestión conflitiva" e "polémica" mentres está de actualidade, o que levou á viceportavoz nacionalista a reclamar á Mesa e a Presidencia da Cámara que "defendan os dereitos dos grupos".

En termos similares pronunciouse a parlamentaria socialista Paloma Castro, que tamén cargou contra o adiamento das interpelacións ao entender que non existen motivos para facelo por motivos de axenda que, segundo entenden, non deberían prevalecer ao dereito dos grupos a fiscalizar a acción do goberno.

En defensa da Xunta saíu o portavoz parlamanterio do PP, Alberto Pazos Couñago, que puxo o acento en que "non se pode considerar pitorreo" que o Executivo autonómico "atenda as súas obrigacións" relacionadas con asuntos europeos.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no pleno do Parlamento
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no pleno do Parlamento | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta