Rebaixan a cinco anos a condena por maltrato e abuso sexual tras recoñecer actuar baixo consumo de alcol

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2024 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Un home recoñeceu maltratar e abusar sexualmente da súa parella "en varias ocasións" entre finais de 2020 e principios de 2022 e aceptou unha pena de cinco anos de cárcere e o pago dunha indemnización de 20.000 euros.

Fíxoo nun xuízo fixado para este mércores na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña e tras un pacto entre Fiscalía, defensa e acusación particular. Foi ao recoñecer os feitos o procesado e acordarse unha rebaixa da condena ao incluír a atenuante de actuar baixo os efectos de sustancias, tanto de estupefacientes como de bebidas alcohólicas.

A sentenza foi declarada firme e o procesado condenado polos delitos de violencia e violencia habitual, de abuso sexual, co agravante de discriminación por razón de xénero, así como por un delito continuado de vexacións inxustas e de ameazas leves.

Segundo apunta Fiscalía, os feitos tiveron lugar "en varias ocasións" entre finais de 2020 e principios de 2022 e engade que os implicados "non tiñan domicilio en común". Inicialmente, o Ministerio Público pedía penas que sumaban doce anos de cárcere.

Imaxe do condenado nun xuízo
Imaxe do condenado nun xuízo | Fonte: PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta