Os galegos somos os que máis chocolate inxerimos per cápita de toda España

Este venres, 13 de setembro, é o Día Internacional do Chocolate e aquí semellla gustar e moito. Saímos á rúa a preguntar se lles parece que reflicte a realidade.

Por Amanda Fernández | Lugo | 13/09/2024 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A quen lle amarga un doce soe dicirse por aquí e neste artigo imos falar diso que adoita derreterse e resultar irrestible: o chocolate. Pode ser en tableta, en turrón, en cacao soluble, en bombóns ou trufas, en snacks ou crema de cacao... Hai mil maneiras de degustar este alimento e aos galegos gústanos e moito.

Chocolate
Chocolate

De feito, Galicia é a comunidade autónoma que realiza a maior inxesta per cápita de todo o territorio nacional, con 4,21 quilos por persoa ao ano. A cantidade promedio que pode consumir unha persoa está nun 32,5%, os galegos consumirían cerca de 1,03 kg máis por persoa. Tamén destacan con consumo superior do normal, Aragón, As Baleares, Asturias, Cantabria, País Vasco ou Rioxa. Porén, Madrid ten o menor consumo per cápita con 2,74 kg por persoa e ano. Estes son os últimos datos recollidos no Informe de Consumo Alimentario en España 2023.

CAL É O PERFIL DO CONSUMIDOR? 

O consumo per cápita de chocolates, cacao ou derivados pecha en 3,18 quilográmos por persoa e ano no 2023, sendo un 3,1% interior ao curso anterior. A maior parte do volume é para consumo doméstico e adquírese en supermercados e autoservizos (54,6%), seguido do hipermercado con un de cada cinco quilos do mercado. O prezo medio de chocolate e cacao ao peche do 2023 situábase en 9,06 euros por quilo, cantidade un 10,1% superior ao ano pasado. Se fixeron a lista da compra seguramente son conscientes de que anda un pouco máis caro. 

Pero quen consume tanto chocolate? O perfil do consumidor para cada categoría de chocolate e cacao durante o 2023 correspóndese con fogares formados por parellas con fillos, independentemente da idade deles, así como por fogares monoparentiais. Os fogares máis pequenos formados por mozos ou adultos independentes son os que menor proporción de volume de compra teñen da categoría. Catro de cada dez quilos destes productos distribúense entre parellas con fillos medianos ou retirados. 

O perfil, si se ten en conta a idade do responsable das compras, concéntrase especialmente en fogares cuxo responsable se mantén nunha franxa de idade entre os 35 e os 64 años. Os individuos con 65 anos ou máis son os que realizan o consumo pér capita máis alto da categoría con 3,86 quilos por persoa e ano, cantidade que é moi superior ao promedio do mercado. Non se aprecian grandes diferencias en canto a intensidade do consumo en relación coa clase socioeconómica de cada quen. 

Volvendo ao dato inicial da inxesta per cápita e de Galicia no máis alto, tamén lidera entre as comunidades autónomas máis intensivas na compra de chocolate e cacao. Así, reflicte que desta a cornixa norte da península co País Vasco, Cantabria, La Rioja ou Asturias. Pola contra, Andalucia, Madrid ou Valencia, son as de menos consumo e compra, debido a que non adquiren o peso destes productos que lles correspondería, en relación coa sua porcentaxe de poboación. E ti, consumes moito chocolate? E ao teu arredor? Isto contestaron na nosa enquisa na rúa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta