Vence non descarta unha gran coalición pero “mantendo un proxecto político autónomo”

O líder do BNG anuncia que a formación renovará a súa dirección en marzo. “Queremos conseguir con iso un futuro de dinamismo e prosperidade enmarcado nun proxecto nacionalista que debe ser aberto e inclusivo", apunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2015 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Sería posible que o BNG, En Marea e outras formacións nacionalistas fixeran a gran coalición que se frustrou nestas xerais para as autonómicas do vindeiro ano?. Esta pregunta veulle á cabeza a moitos dirixentes e militantes políticos estes días logo de coñecer os resultados do pasado domingo. Tamén ao voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, que este luns, ao ser preguntado ao respecto, non dicía que non.

Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

E que non son poucos os que fixeron unhas contas que poderían supor que a chamada esquerda rupturista e o nacionalismo se situara, claramente, como segunda forza en Galicia, con oito escanos, fronte aos dez do PP. Os resultados do 20D deixaron fóra do Congreso ao BNG, a pesar de obter 70.000 votos e un 4,33% de porcentaxe electoral. Unhas papeletas que, sumadas ás de En Marea, poderían darlle dous escanos máis a unha hipotética gran plataforma, precisamente, os dous deputados que o BNG perdeu no Congreso.

Son hipóteses, porque o resultado electoral, foi o que foi; o PP sacou dez; En Marea, seis; o PSdeG, outros seis e Ciudadanos un. Pero se os resultados das xerais se repetiran nunhas eleccións autonómicas podían darlle a vitoria ao PP co apoio de Ciudadanos, xa que o BNG non obtería ningún escano ao non superar a barreira do 5%.

Por iso, e preguntado pola posibilidade de reeditar un gran pacto para as xerais, o portavoz do BNG non descartou esta opción, alegando que calquera pacto ou alianza temporal “é posible”, aínda que insistiu na necesidade de "manter un proxecto político autónomo" e en que é unha "equivocación moverse só a golpe de convocatorias electorais".

Neste sentido, Vence aproveitou a súa intervención para felicitar a En Marea polos escanos conseguidos, especialmente aos deputados Alexandra Fernández e Miguel Anxo Fernán Vello, vinculados estreitamente co nacionalismo galego, como integrantes de Anova.

Asemblea Nacional

Con todo, a resaca electoral deixa movementos dentro do BNG. A organización frontista renovará a súa dirección durante unha Asemblea Nacional que terá lugar o próximo marzo. Un anuncio que se produce despois de que Nós, a candidatura coa que concorría ao 20D, quedara sen representación no congreso.

Comeza un proceso de reflexión tras os resultados claramente negativos obtidos nestas eleccións xerais, que incluirá asembleas de base para diagnosticar erros e desembocará nunha Asemblea Nacional”, dixo Vence. Para el, este proceso é "necesario", xa que hai "moitas cousas que mellorar". “Trataremos de concretar eses diagnósticos de cara ao próximo ano, tentando conseguir con iso un futuro de dinamismo e prosperidade enmarcado nun proxecto nacionalista que debe ser aberto e inclusivo". 

Pero, ata ese momento,  os órganos de dirección do partido continuarán inmutables para cumprir coa "folla de ruta marcada".Precisamente, o BNG remitía un comunicado interno este luns a súa militancia na que, recoñecendo os malos resultados dos comicios, insistía en que “ servirán para asentar un proxecto nacionalista na Galiza con disposición para seguir traballando polo futuro da nación galega”.“Este é un revés, un contratempo electoral, mais non invalida en absoluto un proxecto político nacionalista para Galiza”, indicaba a misiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

19 liracho

Penso que lores tiña razon, debiase ir cas siglas do bng. Os que pensen que o bng vai desaparecer levao claro , por mal que lles pareza , teñen maior base que calquera dos grupos da marea. Eso si , non estamos de moda , e eso vende moito.

1 Kg2

Para algo sirve ir coas siglas NOS, para salvar as siglas UPG. Que grande timonel Lotes verdade?

18 nostrus

pobriños de nos que quedamos orfos e xa non temos quen mire por nos; pero eu diría mais ben pobriños de NOS que se quedaron sin espacio para choromicar e para sementar xenreira. Benditos de nos e pobriños de NOS. A ver si cun pouco de sorte conseguimos que nas autonómicas sufran o mesmo destino e Galicia e o medio ambiente sairan gañando.

17 eusi

O que teñen que facer as bases é comezar a tomar as rendas e non deixar que a oligarquia os mangonee

16 Forcarei

Son moitos os que falan e están a agardar outra dimisión ou cese. A de Mejuto como director de Sermos Galiza. O seu editorial cavernario e prehistórico despois do macrofracaso electoral do BNG merece que a súa patronal —a UPG— lle mande a carta de despido. E máis tamén porque esas figuras que coa súa bendición e indicación pasaron da redacción de Sermos Galiza ás listas de Nós foron todo un fiasco electoral.

15 vexo a tele...logo existo

Aburrides con tanto discurso autómata, tanto discurso xa retransmitidos ns medios de propaganda do capital. Non sodes quén de pensar por vós? Xa non quedan librepensadores no País? xente cun mínimo de cuestionamente propio? A Revolución, a indendencia de Galiza, nunca vai ser televisada. Independentemente do canle de retransmisión, PPodemos e o 15M son "disidencia" pre fabricada e parida nas cloacas do CNI co apoio mediático dos mass-merda do capital, para sacar as protestas das rúas e centros de traballo, evitar a radicalización do desencanto social, salvar o capitalismo coas actuáis estructuras neo franquistas intactas, e a "sacrosanta" unidade de ese enxendro vido en chamar Expaña. Por un xiro ideolóxico-político a esquerda e independencia do nacionalismo galego.

1 Alfama

E vai pontificar un taparrabos da UPG, seica che pagan ben, igual que cando servias a Amancio Ortega, o escravista do seculo XXI, e que ti defendias por estar "feito dunha pasta especial". Lembras o abrazo do teu amo con Camilo e o Beiras do BNG? E as amizades cos Tojeiro, Dorribo, Gayoso, Martinez Nuñez... iso son os capitalistas amigos do BNG cos que ides independizarvos?