Vence non descarta unha gran coalición pero “mantendo un proxecto político autónomo”

O líder do BNG anuncia que a formación renovará a súa dirección en marzo. “Queremos conseguir con iso un futuro de dinamismo e prosperidade enmarcado nun proxecto nacionalista que debe ser aberto e inclusivo", apunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2015 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Sería posible que o BNG, En Marea e outras formacións nacionalistas fixeran a gran coalición que se frustrou nestas xerais para as autonómicas do vindeiro ano?. Esta pregunta veulle á cabeza a moitos dirixentes e militantes políticos estes días logo de coñecer os resultados do pasado domingo. Tamén ao voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, que este luns, ao ser preguntado ao respecto, non dicía que non.

Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

E que non son poucos os que fixeron unhas contas que poderían supor que a chamada esquerda rupturista e o nacionalismo se situara, claramente, como segunda forza en Galicia, con oito escanos, fronte aos dez do PP. Os resultados do 20D deixaron fóra do Congreso ao BNG, a pesar de obter 70.000 votos e un 4,33% de porcentaxe electoral. Unhas papeletas que, sumadas ás de En Marea, poderían darlle dous escanos máis a unha hipotética gran plataforma, precisamente, os dous deputados que o BNG perdeu no Congreso.

Son hipóteses, porque o resultado electoral, foi o que foi; o PP sacou dez; En Marea, seis; o PSdeG, outros seis e Ciudadanos un. Pero se os resultados das xerais se repetiran nunhas eleccións autonómicas podían darlle a vitoria ao PP co apoio de Ciudadanos, xa que o BNG non obtería ningún escano ao non superar a barreira do 5%.

Por iso, e preguntado pola posibilidade de reeditar un gran pacto para as xerais, o portavoz do BNG non descartou esta opción, alegando que calquera pacto ou alianza temporal “é posible”, aínda que insistiu na necesidade de "manter un proxecto político autónomo" e en que é unha "equivocación moverse só a golpe de convocatorias electorais".

Neste sentido, Vence aproveitou a súa intervención para felicitar a En Marea polos escanos conseguidos, especialmente aos deputados Alexandra Fernández e Miguel Anxo Fernán Vello, vinculados estreitamente co nacionalismo galego, como integrantes de Anova.

Asemblea Nacional

Con todo, a resaca electoral deixa movementos dentro do BNG. A organización frontista renovará a súa dirección durante unha Asemblea Nacional que terá lugar o próximo marzo. Un anuncio que se produce despois de que Nós, a candidatura coa que concorría ao 20D, quedara sen representación no congreso.

Comeza un proceso de reflexión tras os resultados claramente negativos obtidos nestas eleccións xerais, que incluirá asembleas de base para diagnosticar erros e desembocará nunha Asemblea Nacional”, dixo Vence. Para el, este proceso é "necesario", xa que hai "moitas cousas que mellorar". “Trataremos de concretar eses diagnósticos de cara ao próximo ano, tentando conseguir con iso un futuro de dinamismo e prosperidade enmarcado nun proxecto nacionalista que debe ser aberto e inclusivo". 

Pero, ata ese momento,  os órganos de dirección do partido continuarán inmutables para cumprir coa "folla de ruta marcada".Precisamente, o BNG remitía un comunicado interno este luns a súa militancia na que, recoñecendo os malos resultados dos comicios, insistía en que “ servirán para asentar un proxecto nacionalista na Galiza con disposición para seguir traballando polo futuro da nación galega”.“Este é un revés, un contratempo electoral, mais non invalida en absoluto un proxecto político nacionalista para Galiza”, indicaba a misiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

9 Gaia

Non hai xente autónoma nese proxecto autónomo

8 Vicente Risco

Nós, os inadaptados. acabaran facendo un chamamento para reconquistar Galicia para o deus euro. A situación política considerana un perigo para a Iglesia upegaia. Dicía Vence, cando Lobeira era alguén.

7 Axz

Agora a vosa aportación é máis ben pequena. Iso tedes que asumilo.

6 Vence fora

Unha nova dirección con Xabier P.Igrexas, Ximeno Mariel, Suso Bermello, Alberte Mera, Avia Gonzalez etc. etc., soldadillos fundamentalistas da UPG que non saben ver mais ala do credo que lles ensinaron desde pequenos. "o povo é imbecil" "sempre nos ergemos" "os que non son da UPG están aliado com o capital" "este non é galego" etc etc

1 r7dn

Jaja +1.

5 escravos agradecidos

É o que ten ser colonia dunha potencia arruinada de 4ª división....semella que votou o IBEX 35. Os soños dos ilusos son os pesadelos dos xustas Bó proveito e boas noites de pedra.

1 Nós autocrítica NUNCA

O problema SEMPRE son os outros, está fóra. Nós somos puros. Ben se olla quen che paga as fantas!