Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2024 | Actualizada ás 11:02
Os afiliados en alta laboral na Seguridade Social aumentaron un 0,7% en Pontevedra en xullo en comparación co mes anterior, o maior incremento entre as cidades galegas, seguido de Ferrol (0,5%).
Así se recolle nos datos de afiliados por residencia publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este luns, onde se observa que diminúen na comparativa mensual tanto Vigo (-0,6%) como Santiago (-0,1%). Tamén crecen Lugo (0,3%), Ourense (0,2%) e A Coruña (0,1%).
Na comparativa interanual prodúcese un aumento xeneralizado nas sete cidades, con Ferrol na cabeza ao repuntar un 2,6% a creación de emprego. Séguenlle: A Coruña e Lugo, ambos cunha subida do 2,5%; Santiago (2,4%) e Ourense (2,1%). Por baixo da media do 1,5% de Galicia están Vigo (1,4%) e Pontevedra (1,3%).
Pola súa banda, por cada 215 afiliados en Galicia de 40 ou máis anos só hai 100 afiliados en alta laboral de menos de 40 anos. As sete cidades, fóra da Coruña e Ourense, presentan valores superiores á media, con Pontevedra coa peor cifra (225 maiores de 40 anos por cada mozo en alta laboral).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.