Rueda: "Eu lembro que o BNG estaba a favor de instalar Altri en Galicia"

O presidente da Xunta resta valor as advertencias de Pontón a Sánchez. "O peso do BNG no Estado é o que é", di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/09/2024 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertía esta fin de semana ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, que se dá diñeiro de fondos públicos ao proxecto que Altri quere instalar en Palas de Rei "tería moi complicado" seguir contando co apoio do BNG --uno dos seus socios no Goberno--.

Miles de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri en Palas de Rei, Lugo
Miles de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri en Palas de Rei, Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

"O peso do BNG no Estado é o que é e a portavoz do BNG quítalle o pouco que ten con declaracións como esta", respondía este luns o presidente do Goberno galego Alfonso Rueda preguntado sobre esta cuestión. Así, lembraba que o BNG xa fixo máis amagos como este, sen chegar a cumplilos. En todo caso, de facelo, aclarou, "os efectos prácticos serían poucos".

Rueda lembrou que o BNG segue dándolle o seu apoio a Pedro Sánchez a pesar de non cumplir varios dos pactos de lexislatura, entre eles, o traspaso da AP-9 ou a rebaixa das peaxes. De feito, o presidente galego dixo que na súa entrevista co xefe do Executivo español o pasado venres preguntoulle que ía facer o PSOE se isto se vota no Congreso. "E non me contestou", indicou.

"Eu lembro que BNG estaba a vavor da instalaciónn de Altri e logo cambiou a súa posición. Haberá que ver, se neste asunto concreto, a portavoz do BNG lle retira o apoio ao PSOE se o Goberno do Estado non fai o que quere  Os efectos prácticos serían poucos", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta