A Xunta di que Galicia tería que pagar máis se se condena a débeda autonómica

Rexeita "chantaxes" ante o PGE e avisa ao Goberno: hai vías para "actualizar" as entregas a conta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2024 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou este luns o seu rexeitamento á "chantaxe" que, baixo o seu punto de vista, tenta realizar o Goberno que dirixe Pedro Sánchez ao afirmar que comunidades e concellos poderían perder 12.000 millóns de financiamento extra se fracasa a nova senda fiscal, clave para que chegue os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de 2025. Ademais, opuxose a condonación da débeda de todas as autonomías porque, ao final, dixo sería compartida e Galicia tería que pagar máis.

Tanto Rueda como o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, quen o acompañou na comparecencia posterior á reunión semanal do Executivo autonómico incidiron en que hai ferramentas xurídicas para actualizar as entregas a conta ás autonomías. "Non hai ningún problema salvo a actualización das entregas a conta, que se podería facer por real decreto", manifestou, tallante, Corgos, ante a pregunta de cantos recursos perdería Galicia se non sae adiante a senda de déficit.

Ademais, ambos os dirixentes coincidiron en que a Galicia lle urxe que todas as comunidades "senten" para abordar a reforma do financiamento autonómico, dado que a Comunidade ten "un déficit inicial de 700 millóns" que o sistema lle tería que asignar para sufragar o custo efectivo da prestación de servizos autonómicos.

Rueda e Corgos, tras o Consello da Xunta
Rueda e Corgos, tras o Consello da Xunta | Fonte: David Cabezón

INTERESES

"Estas son as necesidades financeiras de Galicia e non unha quita da débeda", reafirmou Rueda, quen advertiu que, se se traspoñen as condicións do acordo alcanzado entre o PSOE e ERC no caso de Galicia, o país podería aforrar entre 4 e 20 millóns anuais de intereses (segundo a condonación do 20% se aplicase só coa débeda que hai co Estado --FLA e fondo de suficiencia-- ou se se inclúe tamén a bancaria).

"A débeda non desaparece, senón que se comparte, se mutualiza. O único que deixaría de pagar a comunidade son os intereses dunha débeda que non desaparece. E en intereses, se traspomos o acordo, poderiamos estar a falar dun máximo de 18 millóns de euros ao ano. Eu non desprezo ningún millón, pero os problemas de financiamento de Galicia non se arranxan nin se dan por solucionados cunha condonación da débeda", esgrimiu Rueda.

"O que queremos é sentarnos primeiro os presidentes para sentar as bases e despois no Consello de Política Fiscal e Financeira, por esa orde, e falar, como mínimo, dos 700 millóns de euros que Galicia necesita e que poderían estar encima da mesa", insistiu, antes de reiterar que el non aceptará outras vías que ve pensadas para "lexitimar" o acordo catalán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta