Temas: FRASEOLOXíA

(Falar # Expresarse # Dicir algo # ...) “Ás farfalladas” ou “ás barballadas”, equivalentes á castelá “a borbotones”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 29/09/2024 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Para denotar que unha persoa –nomeadamente porque se atopa nunha situación de excitación, tensión, nervios ou semellante– emite enunciados dun xeito acelerado e atropelado, coma querendo dicilo todo de golpe ou dunha vez, pronunciando á présa e de xeito pouco intelixible, en castelán dise –entre outras secuencias expresivas– que habla a borbotones.

Recursos de xente falando, farfallando, por un teléfono móbil
Recursos de xente falando, farfallando, por un teléfono móbil | Fonte: EUROPA PRESS

Vexamos algunhas solucións galegas para dar a entender o mesmo:

(Hablar # Expresarse # Decir algo...) A borbotones

(Hablar # Expresarse # Decir algo...) A chorretadas & A chorros

(Hablar # Expresarse # Decir algo...) De hilván

{= (Falar # Expresarse # Dicir algo...) De xeito acelerado, atropelado e coma querendo dicilo todo dunha vez, pronunciado á présa e de xeito pouco intelixible.}

(Falar # Expresarse # Dicir algo...) Ás farfalladas

(Falar # Expresarse # Dicir algo...) Ás barballadas

Ex.: El pobre emitía las palabras a borbotones, consciente de que sus perseguidores estaban al llegar y que tenía poco tiempo.

O pobre emitía as palabras ás farfalladas ás barballadas, consciente de que os seus perseguidores estaba a chegar e que tiña pouco tempo.

● Mesmo tamén:

(Hablar # Expresarse # Decir algo...) Atropelladamente

(Falar # Expresarse # Dicir algo...) Atropeladamente

● Tamén, como voces léxicas verbais:

Farfullar && Barbullar

Farfallar && Barballar && Barballoar

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Pintos Villar, Juan Manuel: Vocabulario gallego-castellano. Datado cara a 1865. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta