O Colexio de Xornalistas de Galicia pide reunirse cos grupos para tratar o anteproxecto de lei de medios públicos

E trasladarlles a "preocupación" do sector por esta norma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2024 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia solicitou reunirse cos grupos políticos do Parlamento galego para abordar o anteproxecto de lei dos medios públicos e trasladarlles a "preocupación" do sector por esta norma. A entidade pretende, así mesmo, expor aos grupos as súas valoracións e achegas, e coñecer as súas posicións antes de que se inicie a tramitación do anteproxecto na Cámara autonómica.

O Colexio fixo público na rede o documento coas súas suxestións sobre o texto aprobado en xullo pasado polo Consello da Xunta, con achegas para "salvagardar algúns aspectos vítimas de retrocesos ou directamente eliminados do anteproxecto, principalmente aqueles relativos á independencia do poder político, a designación a dirección xeral por maioría reforzada, ou a posta en marcha do estatuto profesional, do Consello de Informativos e dos órganos de control externo".

En concreto, o Colexio de Xornalistas presentou alegacións a 15 dos 59 artigos do anteproxecto, á disposición adicional segunda e á disposición última terceira.

Nelas, sinálase a necesidade de conservar e custodiar os documentos e materiais audiovisuais que formen parte do patrimonio documental de Galicia, de prohibir a cesión a terceiros dos servizos informativos, de manter o galego como "lingua da Corporación" ou de que os xornalistas da Corporación participaen na elaboración das normas de estilo e autorregulación dos servizos informativos, entre outras cuestións.

Redacción
Redacción | Fonte: COLEXIO DE XORNALISTAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta