Rodríguez: “Se o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén”

Francisco Rodríguez respondeu as críticas suscitadas polo seu último artigo en Terra e Tempo, a revista do seu partido, a UPG. O veterano político arremetera nun inicio conta o pacto de En Marea e os "miles de nacionalistas conscientes non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era". Agora, nos comentarios dese artículo, reafírmase en cuestionar os pactos dos nacionalistas -como ANOVA- con forzas estatais -como Esquerda Unida ou Podemos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/01/2016 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

"Cantos votos tería en Marea, de non ir aliada con Podemos? Cantos dos seus votantes o fixeron por Pablo Iglesias? É Pablo Iglesias nacionalista galego?", pregúntase un dos principais referentes ideolóxicos do BNG.

Francisco Rodríguez Sánchez nun congreso da UPG
Francisco Rodríguez Sánchez nun congreso da UPG | Fonte: terraetempo.com

Rodríguez dise triste pola "xenreira que algúns teñen contra o BNG, contra o nacionalismo galego, tanta que prefiren a unidade cos de fóra como for, á unidade dos dentro con obxectivos propios do país". O ex-deputado acusa a Xosé Manuel Beiras, o líder de ANOVA, de rachar o BNG sen ter debatido interiormente a posibilidade de pactos con outras forzas.

Fronte "rencores e improperios", o político pasa a enumerar algúns puntos débiles dos seus rivais, como as demisións no grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas, e indica que "si o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén....".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

14 Gamela

13 Gamela

Galicia Confidencial, o sitio no que se fai público o que non publica Terra e Tempo! Paco Rodríguez (dixit) 03-01-2016 comentou: Todo moi lindo. Todos argumentos ad personam...Algúns que meten medo e destilan prexuízos a mantenta. Desde logo, eu nunca metín medo a ninguén, nin exercín de xefe egolatra, como si fixeron outros que son guais seguramente para Gamela. Sobre o meu papel en Madrid, xa nin comento. Pódese recorrer ao Diario de Sesións e ao Boletín do Congreso: falan por si sós. Pobre UPG!!! orixe de todos os males. Nin unha soia argumentación contra as evidencias que expuxen, que son políticas e claras. Recomendo un pouco máis de ecuanimidade á hora de falar dos demais. Si o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén... E VELAÍ A RESPOSTA QUE NON MERECE VER A LUZ no Terra e Tempo (voceiro da UPG):

1 Gamela

RESPOSTA a Paco Rodríguez: Paco se os argumentos son "ad hominen" é precisamente porque "eres tí o problema" levas tantos anos pontificando sobre o que é o que non é GALEGUIDADE e SER VERDADEIRO GALEGO que xa nin te decatas do dano que levas feito a este pobo que vive asfixiado por vinculeiros da 'merda' disfrados de señor... e resulta que chega a UPG e en lugar de "contar coa xente" adícase a "CONTAR XENTE" (este sí, este non, este é bo e xeneroso este non pasa de cativo-burgués-espanholeiro...) Sí, Paco, sí... fuches tí, e algún máis, os que determinachedes quén ía e quen viña de volta no "voso nacionalismo de libreta"; por iso Paco diríxome a tí en primeira persoa e gostaríame que non te puxeras de PERFIL botando culpas fóra, coma se non tiveras feito PURGAS ao longo da túa vida política en Madrid ou en Galiza tanto ten...

2 Gamela

Repito, para concretar, que o teu último ERRO POLÍTICO consistiu en dinamitar calquera confluenza do "nacionalismo" cos rapaces do 15M que encheron prazas en Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Ourense, Cangas, Tui, e tantos sitios máis... e tí sen piedade pontificaches unha vez máis -coma aínda estás a facer hoxe con Podemos- que eses non son GALEGOS que eses siguen as consignas de Madrid... ¿e tí quén es para ROMPER a unidade do pobo? ¿acaso non deches tí consignas sobradas ao longo dos anos? ¿por certo, se o BNG desapareceu do Concello de Vigo tirando por terra 5.000 votos non hai ningún responsable do papelón que obrigaches a xogar encumbrando ao cacique Abel Caballero? [...]

3 Gamela

Non te queixes, que estou a ser suave... Non é un ad hominen miserento e só poñer en claro que VÓS sodes tan culpables coma o Beiras do "atraso político de Galicia"... pero disque é de SABIOS rectificar, e tí tamén estás a tempo de facelo se quixeres (Bautista non é preciso que rectifique, el está moi contente sendo un terco! a xulgar polas súas últimas palabras que mellor deixamos correr...) En fin, tí mellor que naide, sabes como están ou deixan de estar de tensos os fíos da UPG e polo tanto podedes achegarvos a este POBO ferido de morte durante anos pola vosa INCONGRUENCIA E INTRANSIXENCIA e basta pedir perdón un día, e arrimar o lombo coma un máis para tentar CAMBIAR A HISTORIA!

4 Gamela

Non é tan difícil, Paco, basta "querer mudar" e sen dúbida serás querido e venerado coma un dos pais desta patria común que vén sendo a "nosa terra", Galicia Sempre, e cicais algún día unha República Ibérica...! Mellor non dar máis voltas, o dano está feito, agora cómpre porlle REMEDIO! (basta xa de buscar culpables!) ESTA ÚLTIMA LIÑA FOI PUBLICADA! (SERÁ QUE LLES GUSTA MÁIS OU QUE LLES PRÓE MENOS?): Por se acaso pequei de "buenismo" mellor unha última liña para deixar as cousas no seu sitio: lembras o que berrábamos no 1975-1978 ss. ¡¡ DISOLUCIÓN DOS CORPOS REPRESIVOS !!! Pois iso é o que toca, disolverse para camiñar xuntos e ir máis lonxe que nunca... Cando un comeza un debate -Paco- non o debera abandoar e menos índa CENSURAR os argumentos do seu opoñente! Amén.

5 Gamela

Por se alguén non sabe do que falo: esta discusión comezou no Terra e Temo... http://www.terraetempo.gal/artigo.p... E rematará aquií (supoño) !

12 galegosencarné

Patético espedidor de carnets puristas...propietario de toda Galiza e de todolos galegos/as....camiño da foxa atlántica sen remedio....

11 Independentista galego

Tóxico,realmente tóxico este mediocre señor.. Eu ( e moitos milleiros de galegos) votei por que confío en Beiras. Pablo Iglesias tanto me ten.

10 Shin-Chan

Sí, sí, sí. Por fin diches co problema Paco! Estivéchedes coa xente, e entón a xente viu como érades e..................fuxiu.