Rodríguez: “Se o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén”

Francisco Rodríguez respondeu as críticas suscitadas polo seu último artigo en Terra e Tempo, a revista do seu partido, a UPG. O veterano político arremetera nun inicio conta o pacto de En Marea e os "miles de nacionalistas conscientes non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era". Agora, nos comentarios dese artículo, reafírmase en cuestionar os pactos dos nacionalistas -como ANOVA- con forzas estatais -como Esquerda Unida ou Podemos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/01/2016 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

"Cantos votos tería en Marea, de non ir aliada con Podemos? Cantos dos seus votantes o fixeron por Pablo Iglesias? É Pablo Iglesias nacionalista galego?", pregúntase un dos principais referentes ideolóxicos do BNG.

Francisco Rodríguez Sánchez nun congreso da UPG
Francisco Rodríguez Sánchez nun congreso da UPG | Fonte: terraetempo.com

Rodríguez dise triste pola "xenreira que algúns teñen contra o BNG, contra o nacionalismo galego, tanta que prefiren a unidade cos de fóra como for, á unidade dos dentro con obxectivos propios do país". O ex-deputado acusa a Xosé Manuel Beiras, o líder de ANOVA, de rachar o BNG sen ter debatido interiormente a posibilidade de pactos con outras forzas.

Fronte "rencores e improperios", o político pasa a enumerar algúns puntos débiles dos seus rivais, como as demisións no grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas, e indica que "si o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén....".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

9 antonino

Que cancro sodes para Galiza.

8 Pacólogo

Mira tí que posta en escea tan chula, ata semellan un partido serio con representación en Madrí

7 Gamela

Supoño que en breve aparecerá a miña resposta a Paco Rodríguez en Terra e Tempo...! Xa basta de buscar culpabeis, trátase de poñer REMEDIO !!! http://www.terraetempo.gal/artigo.p...

1 Gamela

Non sei se os Reis Magos traguerán carbóns ou bombóns ? tic tac tic tac ...

2 Gamela

Pero os Reis pasaron e a miña resposta segue sen ver a luz nos foros de Terra e Tempo! Será que aínda non pasou todo o tempo que precisan algúns para ENTENDER que o sectarismo da UPG é IN SO POR TA BLE ? Non temos siquera dereito de dicir o que pensamos, ou ?

6 M. Foxo

Paco xa renunciache ao Plan de Pensións do Parlamento Español?

5 Galego coma ti

Ostia Paco,non sexas ayatollah, tamen estamos nacionalistas galegos na Marea.