Rodríguez: “Se o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén”

Francisco Rodríguez respondeu as críticas suscitadas polo seu último artigo en Terra e Tempo, a revista do seu partido, a UPG. O veterano político arremetera nun inicio conta o pacto de En Marea e os "miles de nacionalistas conscientes non tiveron o menor escrúpulo en votar unha candidatura que non o era". Agora, nos comentarios dese artículo, reafírmase en cuestionar os pactos dos nacionalistas -como ANOVA- con forzas estatais -como Esquerda Unida ou Podemos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/01/2016 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

"Cantos votos tería en Marea, de non ir aliada con Podemos? Cantos dos seus votantes o fixeron por Pablo Iglesias? É Pablo Iglesias nacionalista galego?", pregúntase un dos principais referentes ideolóxicos do BNG.

Francisco Rodríguez Sánchez nun congreso da UPG
Francisco Rodríguez Sánchez nun congreso da UPG | Fonte: terraetempo.com

Rodríguez dise triste pola "xenreira que algúns teñen contra o BNG, contra o nacionalismo galego, tanta que prefiren a unidade cos de fóra como for, á unidade dos dentro con obxectivos propios do país". O ex-deputado acusa a Xosé Manuel Beiras, o líder de ANOVA, de rachar o BNG sen ter debatido interiormente a posibilidade de pactos con outras forzas.

Fronte "rencores e improperios", o político pasa a enumerar algúns puntos débiles dos seus rivais, como as demisións no grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas, e indica que "si o BNG estivo coa xente, non cabe dúbida de que a UPG tamén....".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

4 nostrus

S.r Rodriguez, el BNG no lucha para que la gente este bien y sea feliz, el BNG lucha para que la gente sea de una determinada manera y se comporte de un determinado modo y se da la circustacia de que ese determinado modo es como diseña el nacionalismo, como si el nacionalismo fuese dueño de nuestras vidas. El nacionalismo solo es una secta, que de momento no es muy mala porque tiene poco poder, pero..¡ay de nosotros si el nacionalismo fuese fuerte!, porque en nada tendria que envidiar a cualquier fundamentalismo. Nacionalismos NO, por favor.

1 Adrián

Está vostede gobernado por un partido nacionalista dende hai sete anos na Xunta e catro no Estado. Pero é deses cos que non creban os bancos nin se bota á xente das casas... menos mal...

2 Nostrollean

Nostrus, macho, aburres a las piedras. Si la UPG es sectaria, tú eres el papa de la secta anti-todo-lo-que-no-sea-lo-que-piense-yo

3 Pepinho

Canto tempo tardará Paquiño en darse conta que lle queda un puñado de votos de xente coma él?? Espero que non sexa tarde e a parte racional do BNG pase a confluir nunha candidatura popular,iso ou desaparecer.

2 Chindasvinto

Vexo que segue identificando nacionalismo e BNG. Ese é o grande erro da UPG. Sempre houbo, afortunadamente, máis nacionalistas fora do BNG que dentro e hoxe máis nacionalistas votan En Marea que Nós. Esas son as realidades o demáis é política ficción e botarlle a culpa a un gato que pasaba por alí.

1 Zenón

Mola moito a foto coa imaxe de arrobo da Iria. Así lle gusta a Paco. Prietas as filas.

1 fuco

Seriedade ho! A foto é de 2002; a Iria xa se encargaron de defenestrala pola súa xestion en Galiza Nova.

2 Militanteprieto

A filla do gordo eterno liberado que no morrazo desfai dende fai décadas, tampouco sabe o que e ganarse a vida. Viven da xente por iso non poden estar con ela.