Asolagada a base helitransportable de San Xoán de Río mes e medio despois da súa inauguración

CIG-Autonómica lembra que a Xunta gastou 1,2 millóns nas obras de mellora deste edificio.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Como é posible que un edificio inaugurado hai mes e medio estea xa asolagado?. Esa é a pregunta que se fai CIG-Autonómica tras o acontecido na base helitransportable de San Xoan de Río. 

Inundación na base heliotransportable de San Xoán de Río
Inundación na base heliotransportable de San Xoán de Río | Fonte: CIG-Autonómica

O pasado 31 de xullo a Consellería de Medio Rural inaugurou con todos os honores a remodelación desta base. No acto participaron a Conselleira de Medio Rural, o director xeral de Defensa do Monte ademáis de todas as autoridades pertinentes. Segundo os datos publicados pola Consellería de Medio Rural a inversión ascendeu a case 1.200.000€, unha cantidade nada despreciable para unhas instalacións que, nun principio, soamente van estar operativas durante tres meses ao ano, é dicir, o tempo que dure a tempada de alto risco contra os incendios forestais. 

Con todo, un mes e medio despois da súa inauguración, tal e como denuncia CIG-Autonómica, observanse deficiencias tan graves na súa construcción e posta en funcionamento, "que incluso podería poñer en risco a seguridade dos propios traballadores que alí se atopan destinados". Así, apuntan a nundacións que se produciron nas instalacións tras o paso da primeira gran borrasca do outono, Aitor.  

Este sindicato asegura que estas deficiencias nas obras poden empeorar de xeito considerable a medida que vaia avanzando o inverno. Por iso, anuncian que realizará un seguimento exhaustivo ao Plan de Infraestructuras de Medio Rural 2020-2026, ademáis do proxecto millonario do CILL (Centro Integral de Loita contra o Lume Forestal), onde se investiron 3,5 millóns de euros con fondos públicos, según os datos da propia Consellería. Centros, lembra CIG-Autonómica que se atopan "na maioría do tempo pechado non existindo nas RPTs de Medio Rural ningún persoal asignado a pesar de ser inaugurado polo actual presidente da Xunta de Galicia en decembro do ano 2023".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta