Voces en Compromiso piden “dar un xiro decidido” a esta formación

Ivan Marrrube destacaba que “xa non vale o si, pero non” e aposta por dirixir o “barco de compromiso para unha integración na flota da marea”.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 11/01/2016 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

É o momento de actuar sen ningún tipo de complexo, xa non vale "o si, pero non", con xenerosidade total, fundamentando o noso traballo unicamente baixo criterios de interese xeral e ben común.Cada día somos máis os que militamos en ideas en non en siglas, e estas para estar vivas, han de ser ferramentas políticas útiles para as demandas da sociedade”, destaca este destacado militante.

Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso
Iván Marrube con Xoán Báscuas nun acto de Compromiso | Fonte: comprimos.gal

Compre sen demora, dar un xiro decidido, marcar xa novas coordenadas,  dirixir o barco de Compromiso cara unha integración na flota da marea e remar de forma útil para un cambio de goberno no País”, indica nun artigo que se pode ler íntegramente no GC Aberto, o espazo de Galicia Confidencial para que lectores e asociacións poidan publicar libremente opinións e comunicados.

Ivan Marrube foi militante do Bloque Nacionalista Galego e concelleiro en Alfoz. Formación que abandonou en 2012 para crear, xunto ós seus compañeiros, un novo partido Independentes polo Val. Foi o principal abandeirado da iniciativa cidadá de fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro. En setembro de 2012 foi elixido en primarias para encabezar a candidatura de Compromiso por Galicia pola provincia de Lugo para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012. Actualmente é membro da CPN de Compromiso por Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Heztor

iván, non sexas pardillo. CxG, non é máis que o chiringuito dun cacique do PP de toda a vida, cunha comparsa diante chamada Bascuas. A ver se espabilamos

1 Pastelao

Tens mais razão que um santo. Mágoa, porque há nas suas filas gente honesta e muito valiosa.

3 Chourizo español

Un Giro por Italia non lles viña mal

2 sesese

Como? Que maneira de revirar a lenguaxe, xa logo habera que ir a un "cursillito" para entender a os políticos

1 eru

A Forga

1 Costadamorte

Outro que quere ser candidato a Xunta polos mareados?... Hai overbooking!... Ver http://acostadamorte.blogspot.com.e...

1 meira10

Non metas a todos no mesmo saco, Ivan non vai por cargos. apertas