Case 25.000 galegos vacináronse fronte á gripe na actual campaña

Tamén houbo máis de 2.300 nenos e nenas inmunizados fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2024 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou este sábado os resultados do arranque da campaña de vacinación posta en marcha o pasado 23 de setembro, con case 25.000 galegos e galegas vacinados fronte á gripe e máis de 2.300 nenos e nenas inmunizados fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS). Así o manifestou no acto de inauguración da XXV xornada central de formación en vacinas, na que tamén participou a directora do Centro Galego de Control e Prevención de Enfermidades, Marta Piñeiro.

O conselleiro de Sanidade explicou que, das persoas vacinadas contra a gripe, un total de 3.276 son persoal socio-sanitario, mientra que 21.353 son residentes. Igualmente, explicou que, desde o inicio da campaña, xa se vacinaron case 23.000 persoas contra a Covid, das que 2.069 son persoal socio-sanitario e 20.527 son residentes. Con respecto á vacinación de menores fronte ao VRS, explicou que as áreas de Vigo, A Coruña e Santiago están á cabeza.

Gómez Caamaño puxo en valor o compromiso dos profesionais sanitarios e a confianza da cidadanía no Programa Galego de Vacinación. "Sen a implicación de todo este persoal non teriamos estes magníficos resultados nin o prestixio do que goza Galicia en vacinación, tanto a nivel nacional como internacional", remarcou. Segundo lembrou, a campaña de vacinación conxunta (gripe e Covid) comezou en setembro pasado, incluíndo como novidade a vacina intranasal para nenos e nenas entre 2 e 5 anos, que empezará a aplicarse o luns.

Este ano, a Xunta fíxase como obxectivo lograr unha cobertura de vacinación do persoal sanitario do Sergas superior ao 75 %. Ademais, modificouse a estratexia na vacinación fronte ao virus do papiloma humano, xa que a evidencia científica avala a pauta dunha única dose e aumentar as cohortes de vacinación en home de ata 18 anos. Finalmente, o conselleiro de Sanidade puxo en valor xornadas como a celebrada este sábado en Santiago, que supoñen unha oportunidade para reforzar habilidades técnicas, actualizar coñecementos e aprender dos expertos, para seguir buscando solucións innovadoras para previr as enfermidades e promover a saúde pública.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na XXV xornada central de formación en vacinas
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na XXV xornada central de formación en vacinas | Fonte: CONSELLERÍA DE SANIDADE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta