Pontón acusa a Rueda de defender un sistema de financiamiento que é "un traxe a medida" do "egoísmo centralista"

Critica que o Estado "fai caixa con Galicia", xa que "achega máis con impostos" que o que recibe de financiamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2024 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de defender un sistema de financiamento con "retoques cosméticos" que fai que "Galicia perda millóns" e que é "un traxe a medida" do "egoísmo centralista". Así o declarou este sábado en Santiago no marco dunhas xornadas organizadas pola formación nacionalista sobre o financiamento de Galicia, un "tema capital" para a comunidade galega.

Neste sentido, Pontón detallou que hai dúas opcións. Por unha banda, o modelo do PP "con retoques cosméticos dun sistema inxusto" e, doutra banda, o modelo do BNG que ten como obxectivo permitir a Galicia "ter a chave do seu diñeiro" para poder decidir "sobre o seu, sen complexos e con ambición de país". "Temos que quitarlle a chave do noso diñeiro a Madrid e darlla aos galegos. Galicia non se pode conformar coas migallas e ten que negociar de forma bilateral co Estado un sistema que lle permita recadar o 100 % dos seus impostos e ter plena capacidade para fixar impostos", recalou Pontón.

Neste contexto, a portavoz nacional do BNG criticou que, o Estado "fai caixa con Galicia", porque a comunidade galega "achega máis" vía impostos que o que recibe de financiamento. "En 2022 o Estado recadou 15.385 millóns de euros e Galicia só recibiu 10.041", lembrou en relación ao estudo elaborado polo economista Xosé Díaz. Precisamente por iso, continuou, "resulta tan incomprensible" ver ao presidente da Xunta "esparcir a mentira" de que Galicia "é pobre e vive da solidariedade de Madrid".

Como segundo punto, resaltou que Galicia, co sistema actual, "está infrafinanciada". Para iso, fixo referencia a un informe do Consello de Contas de 2022 que, segundo lembrou Pontón, situou en "case 20.000 millóns de euros o déficit entre 2009 e 2021". A conclusión do informe, lamentou, "é demoledora". Galicia "perde e moito" cun déficit de financiamiento "que supera os 1.500 millóns de euros anuais". Por todo iso, "resulta incomprensible" que o presidente da Xunta "reduza esta carencia ata situala en 700 millóns".

"O PP BOICOTEA A QUITA DA DÉBEDA"

Para Pontón "é politicamente impresentable" e unha "decisión disparatada" que tras "triplicar a débeda ata os 14.291 millóns de euros", o PP "boicotee a quita lograda polo BNG". Pontón advertiu a Rueda de que "non van deixar que o seu servilismo ao centralismo e ao PP de Madrid" converta a Galicia en "unha comunidade de segunda".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta