Rueda reúnese co novo embaixador de Reino Unido para reforzar a colaboración entre os dous territorios

Tamén busca incentivar as relacións comerciais e novas oportunidades de investimento para as empresas galegas e británicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 05/10/2024 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo nas últimas horas un encontro co novo embaixador do Reino Unido en España, Alex Ellis, co fin de reformar a colaboración entre os dous territorios, incentivar as relacións comerciais e buscar novas oportunidades de investimento para as empresas galegas e británicas.

A reunión celebrouse no marco do Foro A Toxa, e nela tamén participou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. No encontro os representantes da Xunta e o embaixador avaliaron os intercambios económicos entre Galicia e Reino Unido. Rueda e Lorenzana puxeron de relevo que o goberno galego "traballa desde hai anos" para paliar os efectos do 'brexit' nos distintos sectores económicos, especialmente no sector pesqueiro.

O presidente da Xunta destacou que a administración autonómica leva a cabo accións para favorecer o "crecente turismo británico" cara a Galicia e a promoción do Camiño de Santiago no Reino Unido. Por outra banda, no primeiro semestre do ano, as exportacións ao Reino Unido aumentaron en máis dun 43 % con respecto ao mesmo período do ano pasado, sendo a automoción e o metalmecánico os dous sectores con máis peso nestas vendas.

Reunión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, co novo embaixador do Reino Unido en España, Alex Ellis
Reunión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, co novo embaixador do Reino Unido en España, Alex Ellis | Fonte: MONICA ARCAY CARRO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta