Golpe de autoridade contra unha festa “elitista e de prensa rosa”

Cuíña suprime a investidura dos comendadores do cocido e a comida entre personalidades por un xantar solidario. Instaurará un premio para a “Aldea Singular” de Lalín e haberá tamén o 5 de marzo un 'Cocido LGTB' para dar visibilidade a lesbianas, homosexuais, transexuais e bisexuais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O novo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, acaba de tomar unha decisión que vai cambiar por completo a Feira do Cocido de Lalín.  Non haberá a tradicional investidura de comendadores; un evento que reunía, nos últimos anos,  a personalidades dispares do mundo da política, o deporte, a banca e do mundo do cotilleo.

Feijóo con Susana Griso na Festa do Cocido 2013 en Lalín
Feijóo con Susana Griso na Festa do Cocido 2013 en Lalín

Precisamente, e co fin de rematar cun acto “elitista e prensa rosa”, Cuiña decidiu substituír a comida oficial dese evento por un xantar solidario cuxa recadación se destinará a asociacións e accións sociais.

Trátase de recuperar a esencia da festa, para que sexa do pobo e para o pobo", dixo o rexedor de Lalín que criticou o carácter “elitista” dos últimos anos e apostou por que neste evento teñan un maior protagonismo os habitantes, hostaleiros e comerciantes, e non "os amigos do alcalde de turno". Cuíña criticou que a Encomenda do Cocido, unha sociedade gastronómica sen ánimo de lucro que se constituíu en 2000, convertiuse nos últimos anos “nun claro exemplo de acto propagandístico para contentar aos amigos políticos".

Comendadores foron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ou o ex presidente e fundador do PP, Manuel Fraga. O pasado ano foron distinguidos con este galardón simbólico o presidente do Grupo Banesco, Juan Carlos Escotet; o escritor e divulgador científico Eduard Punset, e o presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo.

Durante a presentación da programación dos actos da Feira do Cocido, o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, anunciou unha nova novidade que será a entrega do galardón 'Aldea Singular' en recoñecemento dos valores patrimoniais, sociais, culturais e paisaxísticos do ámbito rural de Lalín.

Outras novidades serán a instalación dunha carpa de 70x20 metros que acollerá postos de venda de produtos cárnicos, alimentación e artesanía, así como diferentes actividades paralelas; e a celebración, o 5 de marzo, do 'Cocido LGTB' para dar visibilidade a lesbianas, homosexuais, transexuais e bisexuais.

A programación completarase co denominado Cocido de maiores (14 de febreiro en Cercio), a exposición 'Emporcarte' e o 'Cocido dás Artes', (6 de febreiro); a Gala do Cocido, en que se entregarán os premios Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico; e carreiras, rally, ruta BTT e de clásicos. O pregoeiro das festas será este ano o xornalista do País Manuel Jabois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

14 Compostelán

Bravo, Cuiña e corporación nova de Lalín. Viva Lalín, con razón.

13 o can que non xanta

Vaichese a olla moito dalle traballo a xente e deixate de gilipolladas

12 Un de Lalín de esquerda

Un crack Cuiña. Un enorme alcalde. Sorte ten Lalín.

11 Eu mesma.

Este señor, por chamarlle de algunha maneira, pertence a un partido residual e está nel porque no PP non lle fixeron caso. Pero de esquerdas ten tanto como tiña a Pasionaria de dereitas. Tempo ao tempo e xa lle caerá a máscara.

1 Luisa Merino

Tanto "non lle fixeron caso" que quitoulles a alcaldía de Lalín. Mentres, toma medidas progresistas mentres os mesmos que dicían que era un bluf que non chegaría a nada, din a un dos alcaldes de moda de Galicia "xa se lle caerá a cara" Como sigan "acertando" tanto algúns adiviños...

2 Galegus

Totalmente de acordo con Eumesma. Puro postureo mediático desde a súa mansión. Só que nin sequera se presentou polo partido residual. Montou unha coalición que incluía o facherío de Lalín para pillar poltrona.

3 Juanjo Gómez

Nin esquerda, nin dereita, a ben feito ben semella

10 Nostruito

Como sempre os Nazionalistos, queren quedar ben co pobo pero non deixan de estar lonxe de eles. _Cando haxa novas eleccions, volveremos a reintaurar esta ensebre festa que tanto ben fixo por noso pobo. de ser coñocido nas elites non só nas aldeas limitrofes

1 Cuiño

Flipao, cando haxa novas eleccions seguiredes patalexando e choromiqueando....