Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/10/2024 | Actualizada ás 14:14
A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, foi elixida este martes como nova presidenta da Comisión de Orzamentos do Senado, sucedendo así a Ximo Puig. A senadora por Pontevedra sitúase á fronte da devandita comisión despois de que o valenciano fose nomeado recentemente embaixador de España ante a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). A que foi presidenta da Deputación de Pontevedra entre 2011 e 2023, ostentou o cargo de portavoz do grupo socialista no Senado e de deputada no Congreso en distintas lexislaturas. Na actualidade, é tamén primeira tenente de alcalde no Concello de Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.