Posibles sancións a 25.000 granxas polo "deixamento" da Xunta no estudo do uso do prato investido para xurro

O Sindicato Labrego Galego (SLG) alerta de que para que as granxas traballen con normalidade "só é necesario" que Medio Rural "confirme que o prato investido é unha medida de mitigación de emisións avalada tecnicamente e recollida pola comunidade autónoma".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2024 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) alerta de posibles sancións a máis de 25.000 granxas por "deixamento" da Xunta na autorización sobre o uso do sistema do prato investido para aplicar xurro. Nun comunicado, o SLG urxe á Consellería do Medio Rural a que dea respostas "inmediatas" en relación ao prato investido, xa que fai máis de medio ano que este departamento "afirmou contar cos estudos precisos para autorizar a excepción". Avisa de que "ao redor de 5.500 granxas de leite e 20.000 de carne se expoñen a sancións porque a Consellería do Medio Rural non executou as súas competencias". Apunta que as multas poden chegar ata os 1.000 euros por empregar un sistema non permitido desde o 1 de xaneiro, pois indica que se deron "casos de notificacións por utilizar o sistema de abano".

O Sindicato Labrego informa de que está en mans das comunidades a posibilidade de autorizar o uso do prato investido para aplicar xurro, polo que para que as granxas traballen con normalidade "só é necesario" que Medio Rural "confirme que o prato investido é unha medida de mitigación de emisións avalada tecnicamente e recollida pola comunidade autónoma para que se demostrou unha eficiencia similar á das medidas recollidas no Anexo V á hora de reducir emisións de amoníaco". Lembra que hai meses que a Consellería "saíu anunciando que dispuña de estudos que demostrarían a eficiencia do prato investido para reducir as emisións de carbono", de forma que o seu "deixamento está a comprometer a viabilidade económica das granxas".

Prato investido para o esparcemento de xurro
Prato investido para o esparcemento de xurro | Fonte: Campo Galego - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta