O Sindicato Labrego Galego (SLG) alerta de que para que as granxas traballen con normalidade "só é necesario" que Medio Rural "confirme que o prato investido é unha medida de mitigación de emisións avalada tecnicamente e recollida pola comunidade autónoma".
  comenta   0
“Todo o mundo sabe como se produce a carne barata. Os holandeses e os alemáns hai moito tempo que sofren as consecuencias, por iso agora veñen aquí e andan cebando porcos....", din desde o MEL. O SLG corrobora a implantacion dun novo modelo gandeiro lesivo, mentres que ADEGAL asegura que "cada vez se están facendo mellor as cousas".
  comenta   0
Esta proposta do Grupo Popular saíu adiante coa abstención da oposición, despois de que o PP non aceptase unha emenda presentada polos socialistas na Comisión de Agricultura deste mércores.
  comenta   0
A Xunta confirma que é o que producen as máis de 33.000 explotacións agrícolas galegas de residuos.
  comenta   0
Interpelada polas zonas contaminadas por nitratos, a Xunta aduce que para proceder a esa declaración "necesítase previamente" unha declaración estatal.
  comenta   0
A Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense arquivou o mesmo procedemento ao entender que non había afectación ao medio ambiente. A empresa xa construíu unha nova balsa para evitar novos episodios de contaminación.
  comenta   0
O Goberno central aprobou a actualización do real decreto sobre contaminación producida por nitratos, que endurece as medidas para loitar na loita contra esta contaminación.
  comenta   0
Galicia é a segunda CCAA que máis contribúe á crise climática polas emisións destas granxas, segundo Greenpeace.
  comenta   0
O alcalde de Santiago de Compostela convidou aos comercios e locais hostaleiros composteláns a sumarse á campaña dos bonos 'Corazón Compostela', presentada este xoves.
  comenta   0
As macrogranxas cárnicas industrias comezan a ser un problema medioambiental. A falta dunha política de depuración dos milleiros de toneladas de residuos pode provocar que se repitan episodios como os vividos en Santiago. “E o que aconteceu en Santiago é irrisorio en comparación co que pasa na Limia”, apunta os ecoloxistas que falan xa dunha auténtica e nova "burbulla" económica, a das macrogranxas, a punto de estoupar.
  comenta   0
Endocrinos recoñecen que a carne ultraprocesada pode ser un risco para a saúde das persoas. Ambientalistas e algúns estudos destacan que a pegada de CO2 da gandería intensiva é do 15%. Desde algúns sectores apúntase á restrición cando non eliminación do consumo de carne como solución, en parte, aos problemas medioambientais. É certo todo isto?
  comenta   0
O proxecto de Real Decreto sobre protección de augas contra a contaminación por nitratos foi cualificado de pouco ambicioso por asociacións ecoloxistas. Entre os motivos está a falta de protección no documento sobre aqueles terreos que aínda non se viron afectados por este tipo de polución. É por iso que piden medidas “máis disuasorias”
  comenta   0
O deputaado Néstor Rego censurou que o Ministerio non se atreva a levar a contraria aos lobbies do porcino e dos abonos sintéticos e pretenda que se repercutan esas emisións de amoníaco ao sector gandeiro de vacún.
  comenta   1
Este modelo de co-combustión podería implantarse "de forma indefinida". Ecoloxistas critican ós "3 partidos do Parlamento" por impulsar a continuidade das Pontes.
  comenta   1
Medio Rural considera que "non é o momento" de aprobar unha norma na que ven "fallos de cálculo" e á que presentan 22 alegacións.
  comenta   0
No texto, conforme sinalaron, reflíctense "inexactitudes" nas medicións das emisións das explotacións de vacún e, por tanto, unha baixada da contaminación por amoníaco no aire.
  comenta   0
Manuel García, agricultor da Limia e membro do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), rexeitou a conciliación coa empresa Coren nos xulgados de Xinzo de Limia. A empresa pídelle un millón de euros.
  comenta   0
Un manifesto sae en apoio do agricultor denunciado por Coren tras dicir nun programa da TVE que era a propietaria dun aspersor de xurros que contaminaba un monte comunal.
  comenta   0
O director xeral de Agricultura, José Balseiros, di que non se poden deixar de dar licenzas a granxas porque "sería prevaricación". Tras a problemática na Limia polas verteduras de xurros de empresas como Coren, suliña que se están cumprindo as leis. A Consellería de Medio Rural presentou alegacións ás propostas do Ministerio de Transición Ecolóxica para declarar zona vulnerable áreas dos ríos da Limia.
  comenta   0
A denuncia parte dunhas declaracións en que dito representante ambiental indicaba que a empresa ourensá de alimentación, utilizaba aspersores para verter xurros en terreos agrícolas. Desde a organización ecoloxista cren que a denuncia pretende frear unhas charlas sobre gandería intensiva no campus da Universidade de Ourense.
  comenta   0
Por parte da defensa do acusado alégase a existencia dunha bacteria contaminante no silo que contiña o penso das reses, así como unha situación económica e mental complicada.
PP e PSOE culpanse do acontecido no concello coruñés, pero coinciden en votar en contra e absterse, respectivamente, de investigar a contaminación por xurro da Limia.
  comenta   0
A Consellería de Medio Rural expuxo esta idea na comisión de Agricultura para responder sobre a problemática da Limia pola contaminación por xurros.
  comenta   0
Activistas da Plataforma Auga Limpa Xa, achegaronse ate Ponte da Lima para recabar apoios na súa reivindicación sobre xestión de auga e residuos de gandeiría industrial.
  comenta   0
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico toma esta medida "preventiva" á espera dos resultados dunha primeira análise da zona afectada pola vertedura de xurro
A alerta afectaría aos concellos da Veiga, Trabada, Castropolo e Ribadeo. Este último municipio confirma que a vertedura “non afectou á traída", pero recomenda “non bañarse” na ría.