Poráse en marcha unha planta piloto de xestión de xurro no centro de investigacións agrarias de Mabegondo

A conselleira do Medio Rural explicou que esta planta terá como obxectivo "transferir os resultados da investigación aos produtores".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/06/2024 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no centro de investigacións agrarias de Mabegondo (CIAM), no marco do proxecto europeo Nutritive, centrado no fomento da sustentabilidade deste recurso. Esta instalación orientarase á investigación e tratará residuos tanto de vacún como de porcino. Así o avanzou a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, na presentación desta iniciativa, que se celebrou na localidade lucense de Vilalba.

Neste acto, recollen nun comunicado, a titular de Medio Rural indicou que esta planta terá como obxectivo "transferir os resultados da investigación aos produtores". A este respecto, reivindicou a importancia de enfocar o I+D+i cunha "perspectiva de utilidade, para buscar solucións aos problemas e ás necesidades concretas dos gandeiros".

Ademais, a conselleira enmarcou esta iniciativa nun contexto comunitario no que cada vez "están máis presentes as demandas europeas de circularidad, bioeconomía e loita contra o cambio climático". "Galicia volverá estar á cabeza na investigación nesta materia", felicitouse. Por outra banda, a conselleira destacou as características "peculiares" de Galicia en relación co aproveitamento de xurros, "algo que se lle transmitiu ao Ministerio de Agricultura", ademais de que Galicia ten unha "idiosincrasia propia".

Baleirado de xurros a cano libre
Baleirado de xurros a cano libre | Fonte: Cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta