Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2020 | Actualizada ás 13:25
O conselleiro do Medio Rural, José González, criticou o decreto para a xestión dos xurros nas explotacións gandeiras presentado polo Goberno central, xa que considera que "non está adaptado" ás características do sector gandeiro en Galicia, o que fai "inviable" a súa aplicación en varios aspectos.
Este sábado, o titular de Medio Rural ofreceu unha rolda de prensa para informar as alegacións que presenta a Administración autonómica a unha nova normativa da que discrepan tamén sobre o momento no que se aproba. Así, a Xunta cre que "non é o momento" de sacar adiante o decreto ao estar aberto o debate na Unión Europea sobre a defición da Política Agraria Común (PAC) para o próximos sete anos.
En resumo, José González asegurou que a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "non ten en conta as particularidades" de Galicia, como o tamaño das súas explotacións, a orografía, as canles fluviais ou a atomización das parcelas.
Por todo iso, a Xunta elaborou unha vintena de alegacións ao texto da Administración central no que tamén aprecian "erros de cálculo" en aspetos como as emisións ligadas ao sector do vacún, que están "moi sobrevaloradas, un "30%" por encima das que, segundo Medio Rural, se producen en realidade.
"Malamente podemos esixir unha rebaixa cando está mal calculada", sinalou González, que advertiu tamén das dificultades que terán as explotacións para implantar medidas desde o punto de vista loxístico, coa orografía galega actuando como 'hándicap', e tamén económico pois, di, será preciso renovar maquinaria para cumprir coas directrices do decreto.
Neste sentido, solicitan que a nova normativa aplíquese "de forma gradual" e "adaptada a cada territorio", ademais de que se contemplen liñas de axuda para financiar os equipos que terán "unha dispoñibilidade limitada" no mercado e que se encarecerán como consecuencia do aumento da demanda.
GRADACIÓN
Outra das alegacións presentadas polo Goberno galego radica na reclamación de que se aplique de forma "gradual" a prohibición de usar produtos a través de sistama de prato, abanico ou canon, pois consideran que debería empezarse polas explotacións de maior tamaño e estenderse nun período de dous anos ás pequenas.
Así mesmo, tamén solicitan que se atenda este criterio de gradualidade para a implantación das obrigacións en función do tipo de explotación, desde as granxas de porcino como responsables de maior volume de emisión ás de vacún. Por último, en canto á orografía e tamaño das parcelas, a Administración autonómica reclama que queden exentas as inferiorse a unha hectárea e as que presenten unha superior a un 15%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.