Dous produtos galegos entre os galardoados nos Premios Alimentos de España

Recibiron os galardóns a Mellor Viño Branco e a Mellor Bebida Espirituosa con Indicación Xeográfica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2024 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acudiu este luns á XXXVI Edición dos Premios Alimentos de España, onde dous produtos galegos recibiron os galardóns a Mellor Viño Branco e a Mellor Bebida Espirituosa con Indicación Xeográfica.

No evento, organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, José Balseiros felicitou a Adegas A Tapada SAT Xuga, pola súa 'Guitián Fermentado en Barrica 2022' da Denominación de Orixe Valdeorras.

Así mesmo, felicitou a Augardiente Vedra do Ulla, de Augardentes de Galicia, amparado baixo a Indicación Xeográfica Bagazo de Galicia.

Neste sentido, o representante autonómico puxo en valor a "excelente calidade" da produción agroalimentaria galega, así como "o bo facer dos seus produtores, que fan que Galicia sexa recoñecida e galardoada fóra das súas fronteiras".

O director xeral de Gandaría, José Balseiros. CAPTURA
O director xeral de Gandaría, José Balseiros. CAPTURA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta