Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/10/2024 | Actualizada ás 20:04
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reclamou este martes á Consellería de Medio Rural que desbloquee os 2,8 millóns de euros que o Ministerio de Agricultura transferiu o mes pasado á Xunta e que convoque de forma urxente unha orde de axudas xa anunciada polo impacto do "covid das vacas".
"O Goberno de Alfonso Rueda quedou de brazos cruzados e sen dar ningún paso para afrontar esta crise no sector gandeiro ata que o Ministerio mobilizou os seus recursos pero, unha vez dispoñibles, observamos como tampouco demostran ningunha celeridade", lamentou Losada, segundo recolle a Subdelegación nun comunicado.
El lembrou que o Ministerio aprobou a repartición dun total de 15 millóns de euros, resultando Galicia a terceira comunidade máis beneficiada de toda España. Pese ha isto, lamentou que "os gandeiros galegos seguen sen ter nin unha noticia sobre as subvencións, a pesar de que a Xunta ten os fondos dispoñibles desde hai case un mes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.