Detido mentres trapicheaba un veciño de Boiro que gardaba na casa case 500 doses de cocaína e máis de 8.000 de haxix

En concreto, no rexistro do seu domicilio atopáronse 486 doses de cocaína, 8.045 doses de haxix, 11 doses de MDMA, 15 doses de LSD.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2024 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo na localidade coruñesa de Boiro a un home de 39 anos, acusado dun delito de tráfico de drogas, ao que se incautaron no seu domicilio case 500 doses de cocaína e máis de 8.000 doses de haxix. A operación iniciouse en xuño deste ano, cando a Garda Civil observou que o detido, un vello coñecido, seguía distribuíndo sustancias estupefacientes en diferentes puntos da comarca. O pasado 18 de outubro, o sospeitoso foi sorprendido nun establecemento hostaleiro de Cabo de Cruz, realizando intercambios característicos do menudeo de drogas.

No momento da súa detención, incautáronselle varios envoltorios plásticos que contiñan cocaína, listos para a súa venda. Tras a detención, e con autorización do Xulgado de Garda, a Garda Civil realizou un rexistro no seu domicilio, onde incautaron unha importante cantidade de drogas e outros materiais relacionados coa actividade ilícita. En concreto, dispuña de 486 doses de cocaína, 8.045 doses de haxix, 11 doses de MDMA, 15 doses de LSD, un puño americano tipo Taser de descargas eléctricas, dúas básculas de precisión, diversos útiles para a elaboración de dose de drogas, un smartphone, un vehículo e 1.355 euros en efectivo. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Ribeira, que decretou o seu ingreso en prisión sen fianza.

Detido un veciño de Boiro que gardaba no seu domicilio case 500 dose de cocaína e máis de 8.000 dose de haxix
Detido un veciño de Boiro que gardaba no seu domicilio case 500 dose de cocaína e máis de 8.000 dose de haxix | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta