Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2024 | Actualizada ás 19:25
A investigación e procura da menor de 14 anos de Ordes cuxa familia denunciou o martes a súa desaparición continúa en marcha, aínda que polo momento non foi localizada, segundo fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press.
O operativo de procura (no que tamén se recorreu á geolocalización do seu teléfono móbil) estivo na pasada xornada centrado en Fisterra (desde onde a menor tivo comunicación cunha amiga) e hai constancia, segundo as fontes consultadas, de que se puido desprazar a un municipio próximo da Costa da Morte.
Sería nese punto no que se lle perdeu a pista. Os traballos de investigación e de toma de declaración continúan, aínda que, polo momento, sen que puidese ser localizada.
As patrullas e distintas institucións difundiron a fotografía da nova, entre outras o Concello de Cee, que no seu perfil de Instagram colgou unha imaxe da menor, que acompaña cunha apelación a calquera persoa que poida vela a contactar coa Garda Civil.
"Adriana, de 14 anos, é orixinal de Ordes, pero as últimas pescudas apuntan a que chegou a esta zona (Cee-Corcubión-Fisterra) en autobús desde Santiago", recolle a mensaxe difundida na pasada xornada polo Concello.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.