Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2024 | Actualizada ás 13:00
Cobre San Rafael, a empresa promotora do proxecto de reactivación da mina de Touro-O Pino, informa en Ordes sobre a súa oferta de emprego, segundo informa.
Así este mércores, día 30, a furgoneta da compañía estará presente na feira deste municipio coruñés para proporcionar información sobre as vacantes dispoñibles.
A oferta de emprego, indica, é de 400 postos de traballo en diversas áreas como operacións mineiras, mantemento industrial, xestión ambiental, seguridade e saúde laboral, e administración.
Esta iniciativa ten como obxectivo "captar tanto profesionais cualificados como persoas sen experiencia previa", con "prioridade", indica, a residentes en comarcas limítrofes á mina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.