Pontón propón unha partida de 30 millóns para "blindar a actividade produtiva" fronte a "a bomba ambiental" de Altri

Por E.P. | LUGO | 01/11/2024 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este venres desde Monterroso, coincidindo coa Feira de Santos, a posta en marcha do Plan Ulloa-Ulla-Arousa, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas afectadas pola "bomba ambiental" de Altri.

Pontón, cuxas primeiras palabras foron de recordo ás vítimas da DANA e para pedir "unidade" fronte a esta catástrofe, destacou a "inmensa riqueza" dos produtos locais e de proximidade en "unha das comarcas agrogandeira e leiteira máis rica e produtiva de toda Galicia", como é a comarca de Arzúa-Ulloa.

Esta comarca, criticou, "atópase ameazada pola construción dunha macrocelulosa que non só afectaría de forma negativa a esta comarca", se non "tamén ao río Ulla que desemboca na Ría de Arousa, da que viven 4.000 familias".A líder nacionalista considera un "disparate" que o goberno do PP queira "regalarlle 250 millóns de euros" a Altri "para arrasar co medio de vida da xente do rural, contaminando e destruíndo miles de empregos".

Neste sentido, Ana Pontón avanzou que o BNG vai propor que "os orzamentos de 2025 recollan unha partida de 30 millóns de euros para apoiar a comarca de Arzúa-Ulloa e para blindar a súa actividade produtiva fronte a bomba ambiental de Altri". A medio prazo, a proposta do BNG pasa por implantar o Plan Ulloa-Ulla-Arousa, como un plan sustentable e alternativo, para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico das comarcas con tres eixos de actuación.

Ana Pontón fala cos medios en Monterroso.. BNG
Ana Pontón fala cos medios en Monterroso.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José Manuel Souto Lamas

Adiante nacionalismo.