Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2024 | Actualizada ás 17:05
O sindicato CIG trasladou que Inspección de Traballo comunicou este venres a apertura dun expediente sancionador contra Alsa Ferrol por non aplicarlle ao persoal de Maitours o convenio colectivo do transporte de viaxeiros por estrada da Coruña, e que motiva que os seus traballadores leve en folga indefinida desde o 15 de xullo.
Segundo o sindicato, a Inspección tamén trasladou que vai proceder á liquidación das cotas de cotización á Seguridade Social polos atrasos xerados, ao entender que a aplicación do convenio sectorial non ten afectos a partir desta resolución, senón que xa se tiña que producir con anterioridade.
A apertura deste expediente infractor responde as denuncias presentadas por este sindicato, e esta resolución chegou horas despois da unha mobilización realizada o pasado mércores, 6 de novembro, en apoio á loita do persoal de Mairours.
O responsable de Transportes da FGAMT-CIG, Xesús Pastoriza, lembra que "o artigo 84.2 do Estatuto dos traballadores establece a prevalencia do convenio sectorial no que respecte á contía do salario" e que neste caso, ademais, "o convenio que Alsa aplica ao persoal subrogado de Tranvías de Ferrol "é o que se negociou nunha empresa que xa non existe".
Por último, a CIG e os traballadores din que agora agardan que "Alsa actúe conforme á resolución da Inspección e, de inmediato, proceda a aplicarlle o convenio provincial e a abonarlle os atrasos salariais xerados durante este tempo". Así mesmo, que cumpra co resto de demandas que motivaron a folga, como a compensación do traballo en festivos ou o cumprimento do acordo para a realización dos servizos imprevistos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.