Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2024 | Actualizada ás 13:28
A Consellería de Sanidade defendeu que cumpre cos acordos pactados cos sindicatos de "redución de xornada laboral en 112 horas, compatibilizando ese dereito dos profesionais do Servizo Galego de Saúde coa garantía de asistencia sanitaria a todos os cidadáns". Así respondeu ante as críticas do Sindicato de Médicos de Galicia (Simega), que esixe á Xunta "acabar co agravio" que, asegura, "sofren os facultativos que non poderán gozar plenamente da redución da xornada semanal a 35 horas, e deberán traballar os sábados".
Segundo a Xunta, o acordo alcanzado, de redución de xornada ordinaria para persoal con quendas de mañá, de tarde ou rotatorias, establece que esa redución "será aplicada na xornada ordinaria dos sábados", o que, tal e como explica, "non significa que se elimine por completo a necesidade de traballar os sábados, tendo en conta que é imprescindible garantir a asistencia sanitaria á poboación".
Por iso, Sanidade sostén que o acordo alcanzado cos sindicatos xa establece a previsión de dar cobertura nas xornadas de sábado "cando haxa escaseza de profesionais, porque hai que blindar a asistencia sanitaria". Por este motivo, engade, "prevese unha compensación complementaria".
Así mesmo, a Xunta manifestou que para materializar esa redución de xornada no ano 2025 a Consellería trasladou na Mesa Sectorial a pasada semana a correspondente instrución, "similar á que se aplicou nas reducións de xornada dos anos anteriores, tanto no ano 2023 como no ano 2024, que si foron aceptadas polos sindicatos".
PREMIOS
Por outra banda, a Consellería de Sanidade, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, publica este luns no Diario Oficial de Galicia (DO, no marco do proxecto Transfiresaúde de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal.
Dentro desta iniciativa que aposta polo I+D+i para abordar os retos comúns do envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada, a Xunta convoca por primeira vez estes premios, con dúas categorías.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.