Sen sorpresas no futuro liderado de Podemos Galicia que opta pola aposta de Madrid, Isabel Faraldo

A lista reunirá a militantes novos e veteranos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2024 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A exconcelleira na Coruña Isabel Faraldo, que foi candidata de Podemos nas eleccións galegas de febreiro deste ano, optará a liderar a formación morada no proceso de primarias cuxo calendario se coñecerá este luns.

Así o ratifican a Europa Press fontes da formación, que indican que Faraldo ten intención de conformar unha candidatura que reúna a militantes novos e veteranos para suceder a Borja San Ramón, que en marzo anunciou a súa dimisión tras os malos resultados nos comicios autonómicos.

O calendario das primarias en Podemos Galicia, que incluirá o inicio da presentación de candidaturas, presentarase este luns en coordinación co doutras autonomías despois de que se aprazase pola DANA que azoutou o Levante o pasado 29 de outubro. Inicialmente, ían ser o 1 de novembro. Neste proceso tamén se renovarán os órganos internos como o Consello Cidadán Autonómico.

Isabel Faraldo concorreu ás eleccións galegas do 18 de febreiro como cabeza de lista de Podemos Galicia, nunha candidatura separada da de Sumar. Obtivo o 0,25 por cento do apoio, con 3.469 papeletas.

A exministra de Igualdade, Irene Montero (i), e a candidata do seu partido á Presidencia da Xunta, Isabel Faraldo / Dylan - Arquivo / Europa Press / Europa Press
A exministra de Igualdade, Irene Montero (i), e a candidata do seu partido á Presidencia da Xunta, Isabel Faraldo / Dylan - Arquivo / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta