Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2024 | Actualizada ás 15:00
O PPdeG volveu a demandar ao Goberno central que poña en marcha cinco xulgados específicos de violencia de xénero nas cidades galegas e criticou os "reiterados incumprimentos" de Pedro Sánchez. Nunha nota de prensa, os populares trasladaron que, a través dunha moción rexistrada na Comisión de Xustiza do Senado, lembran a "reivindicación" conxunta do Goberno galego co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de crear estas unidades xudiciais nas cidades de Pontevedra, Ferrol, Ourense, Santiago e Lugo.
Así, a portavoz de xustiza do grupo popular, Pepa Pardo, sinalou que esta demanda tamén formou parte do acordo de investidura, "convertido en papel mollado", asinado entre o BNG e o PSOE.
"Estamos ante un novo desprezo do Goberno central a Galicia coa complicidade dun BNG que é incapaz de esixir o cumprimento daquilo polo que lle deron o poder a Sánchez", relatou a senadora popular subliñando que tan só unhas semanas despois da firma do pacto de investidura, "o propio Goberno confirmou que entre as unidades xudiciais aprobadas para o ano 2024 non aparecían estes xulgados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.