Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/02/2016 | Actualizada ás 12:06
Os catro cabezas de lista de UPyD en Galicia nos comicios do 20D alíñanse co coordinador da xestora e parlamentario vasco, Gorka Maneiro, e apoian a continuidade do proxecto político fundado por Rosa Díez que, curiosamente, aposta, agora, pola súa disolución tras os malos resultados electorais.
Nun comunicado, Olga Fabello, Agustín Gallego, Carlos Oliva e Javier Lojo reafírmanse no seu "convencemento férreo" nas propostas de UPyD, que "non invalidan", din, os resultados obtidos nas urnas. En Galicia esta formación obtivo nos pasados comicios xerais 8.380 votos.
Os catro cargos galegos entenden que o proxecto de UPyD "é máis necesario que nunca" aínda que consideran "imprescindible" acometer unha renovación interna para "volver recuperar a confianza de todos os españois". Tamén agradecen "o traballo e a dedicación" de Rosa Díez e Andrés Herzog, quen xa se deron de baixa e pediron a disolución da formación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.