Por Europa Press / Redacción | MADRID | 29/11/2024 | Actualizada ás 09:39
Suba de temperaturas de ata 30º en Canarias e no levante español, mentres que Galicia estará afectada por unha fronte atlántica. O tempo esta fin de semana será de moito contraste na Península.
Así, o oeste peninsular verase afectado por unha fronte atlántica que deixará intervalos de nubes medias e altas na metade occidental, e ceos nubrados ou cubertos con precipitacións ocasionalmente acompañadas de treboada en Galicia. Aquí poderían chegar a ser localmente fortes e/ou persistentes na súa fachada atlántica, e, á súa vez, tamén poderían acabar afectando a puntos de Asturias e oeste de Castela e León e de Estremadura.
A predición recolle que soprará vento de compoñente sur no Cantábrico e cuadrante noroeste, con probables intervalos de forte e refachos moi fortes en litorais atlánticos de Galicia.
E mentros os termómetros baixan en Galicia, subirán de forma case xeneralizada en case todo o Estado, máis acusadamente en interiores do leste e sueste peninsular, e poderanse superar os 30ºC en puntos das illas Canarias orientais, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Isto é froito dunha situación anticiclónica que afecta ao leste de España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.