Será a quenda de Carballo Calero para o Día das Letras Galegas?

Propoñen por quinta vez o seu nome para ser homenaxeado este día. A comisión promotora destaca os seus “grandes méritos”. Fontes consultadas crititican as reticencias da RAG por ser un destacado defensor do lusismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2016 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A candidatura de Carballoo Calero para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas, lonxe de perder forza, aumenta ano tras ano. E é que xa van cinco desde que unha comisión que leva o seu nome ten proposto a este filólogo e escritor.

Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia
Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia

Por iso, un ano máis, este colectivo, creado en Ferrol, reclama que sexa o homenaxeado deste día o ano que ven  polos “seus grandes méritos". "Foi unha das ausencias máis clamorosas nas conmemoracións ás grandes figuras da cultura de Galicia", esgrime este colectivo para insistir na súa petición.

Así, lembrou unha frase do escritor Vicente Araguas  n 2014: "Pasan os anos e manteñen unha vez máis a inxustiza contra un dos maiores e mellores valedores da lingua e a cultura galegas". E é que a candidatura de Carballo Calero competiu coa de Filgueira Valverde para o ano 2015 e non saíu adiante no plenario da RAG. Tamén sonou a súa candidatura para este 2016, pero finalmente, acabou impoñéndose o nome de Manuel María.

Fontes consultadas denuncian que parte dos académicos da RAG non queren que Carballo Calero sexa homenaxeado por ser un dos principais defensores do lusismo. De feito, lembran que a súa candidatura non saíu aprobada en 2015  a pesar dos "amplísimos apoios asociativos, particulares e institucionais" que tiña. Precisamente, a AGAL, o BNG e colectivos vinculados á UPG son activos defensores da súa candidatura.

Carvalho Calero, que faleceu en 1990 aos 80 anos de idade, realizou labores de poeta, narrador, ensaísta, xornalista, lingüista e docente no seu seis décadas en activo, nas que chegou a ser membro da Real Academia Galega e tamén o primeiro profesor de lingua galega na universidade.

Membros do Seminario de Estudos Galegos, entre eles, Filgueira Valverde, Carballo Calero ou Castelao
Membros do Seminario de Estudos Galegos, entre eles, Filgueira Valverde, Carballo Calero ou Castelao

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 Homenagens de traidores, nom!!

Este homem tinha mais razom que um santo: https://coredelacorunaengalicia.fil... Avante o galego, fora o galiñol da RAG!!

2 Castelhanistas kanpora!

Que caralho "lusismo", nem que óstias. Carvalho o que praticava era o galeguismo direto. Som os outros, os castrons do ILG-RAG e seguidores os que praticam o castelhanismo, ho!

1 2zbe

Sería darlle un premio a un ignorante, que non sabía como se escribía o galego medieval realmente, e confundiase cos textos portugueses.

1 alístate na brunete

menos mal que estas tí para ilustrarmos

2 xepe

Podes especificar en que textos se confundía?

3 Galeguiño con ñ

claro que sí, e ademais era un franquista, non coma o Filgueira, que loitou no bando dos republicanos e o abouxáron por eso!