Por Serafin Pazos | Edimburgo | 20/02/2016
Logo das pasadas elecións moitos están a chamar para abandonar o barco e seguir a aqueles que, por desacougo ou cansazo, deixárono xa. Outros, xuntaranse en asemblea en breve e previsiblemente decidirán dar unha última e definitiva batalla. Un derradeiro Medulio.
Non é doado pertencer a un movemento que ten coma unica razón de ser a de dar unha dignidade a Galicia e aos galegos equiparables a calquera povo avanzado e democrático do planeta. Nas veces que na nosa torturada historia o povo puido falar fíxoo maioritariamente para apoiar outras opcións, igualmente respectables pero nas que os mellor dos casos Galicia non deixa de ser un epíteto a xuntar canda outros. O galeguismo, e especificamente o nacionalismo, tiveron os seus mellores éxitos non nas poucas occasions nas que puido exercer o poder directamente senon cando xerou alianzas para avanzar parte do seu programa poltico (caso senlleiro o Estatuto do 36) ou actuou coa un lobbi para impedir que as outras forzas nominalemente galegas cederan totalmente ós seus fortes instintos mais suicidas (caso da normalización linguistica)
Emporiso un non pode desbotar que o cálculo de tantos miles de galegos nos ultimos anos de formar alianzas con outros sexa algo errado. Mais é unha xogada moito arriscada, exemplos abondan na nosa historia que as avantaxes dos supostos entrismos nas forzas aceptables no Sistema acabara coa virtual absorción destes, ás veces con autentico furor do converso (Piñeiro, Ceferino Díaz, Leiceaga )
Pouco se lle pode dicir en todo caso que boa sorte e boa marea. O máis probable, nembargantes, é que, como se evidenciou coa lea do grupo propio en Madrid, algo as todas luces óbvio que non ía triunfar nos termos nos que se plantexou, as supostas confluencias do nacionalismo acaben facendo de servos útiles doutros moito máis abilidosos e coas ideas máis claras.
Mais queda outra xente que non se rende a que a súa existencia como persoas teña que depender en ultima instancia da aceptación por xentes de fóra. Que cre que a dignidade só se ten se se gana por oun mesmo, o resto e vivir de prestado nos termos fixados por outros.
Visto os resultados electorais de decembro semella que os votos do nacionalismo serán determinantes para o resultado das eleccións galegas. Agora o nacionalismo pode agonizar na conventiencia de ir por libre ou plegarse tamen á loxica do voto útil e facer un último e derradeiro servizo denantes de esmorecer.
Mais, e se eses son termos errados de ver a conxuntura actual? Logo dun seculo a maioría dos galegos demostraron repetidamente, como diria Cabanillas que prefiren o suicidio, voluntario ou inducido, a valerse por si mesmos. A autonomía que temos é tanto o resultado da inercia da Transición coma das demandas dos propios galegos. Peor aínda, as enquisas din que nada menos que a metade do electorado di que “en ningun caso” votaría o BNG. Triste balance para tantos anos de servizo.
Igual o que é preciso e replantexar toda a cuestión. O nacionalismo naceu para homologar Galicia o resto de países mais a maioría da poboación fixo esforzos ímprovos para facer todo o contrario: abandonar (e esquecer) o campo, destruir o entorno e deixar de falar galego. Non só iso, para moitísimos galegos non ser galego, non falar Galego é todo un sinal de identidade. O povo non quere ser liberado.
Moitos soñaron en chegar un día á praza do Obradoiro coma Fidel entrou na Habana. Moi probablemente iso non pasará xa nunca. Agora ben, mesmo se unha maioría xa decidiu, nos feitos, non ser galega non por iso teñen que renunciar aqueles queren seguir sendoo, e que o sexan os seus fillos e os fillos dos seus fillos.
Igual hai que mudar de perspectiva. Deixar a frustración de aspirar a acadar uns obxectivos inasumibles por inabarcables e centrarse no que é factible. Deixar de falar de de ´Galicia´ e dos ‘galegos’ coma un conxunto. Deixar de falar ´do idioma galego´en terceria persoa e centrarse nos galegofalantes como persoas. Recentrar o movimento político e social esencialmente nos que activamente e publicamente queren seguir a ser galegos, nos que pensan na lingua galega e lla estan transmitir aos seus fillos. En vez de loitar pola autonomia de ´Galicia´, ese concepto cada vez máis heteroxéneo e alleo, acadar a autonomía dos galegofalantes. Somos unha parte moi pequena dos perto de catro millóns que forman a Galeguidade en todo o mundo, mais coma nunha arbore esmorecente somos a parte que aínda se pode salvar.
Xa non nos poderán dicir nunca que son as persoas, e non os territorios, os que teñen dereito. Nin que o feito diferencial é algo abstracto que non se pode precisar. Non. Somos persoas, existimos como individuos e coma grupo porque falamos galego. A lingua galega e a nosa comunidade linguística é un feito obxectivo. Somos portadores do dereito máis fundamental que hai que é o da vida, o noso dereito a decidir é o de falar galego e o de que os nosos fillos tamén o falen. Respectamos a todos aqueles que, formando parte dese concepto máis amplo que é a Galeguidade, non queiran seguir nesa cadea irrompible que une a un Galegofalante a outro desde hai xa mais mil primaveiras. En definitiva cómpre tomar man de nós mesmos.
Emporiso antes de pensar simplemente en se ir por só ou separado a unhas eleccions compre pensar cal é o xeito de sacar mellor rendemento material para os galegofalantes. Coma naquela novela de Delibes, O disputado voto do Sr Don Cayo, podemos ofrecer o noso apoio a aqueles que se comprometa dar máis avantaxes obxectivas ós galegofalantes. No plano autonómico, educación 100% en Galego para os galegofalantes que así o desexen a partir xa do proximo curso. Plan de igualdade de oportunidades e disciriminación positiva para os galegofalantes. Servizos pubicos axeitados para os galegofalantes con xestores e decisores Galegofalantes. No plano das reformas constitucionais que semella que van vir, oficialidade do idioma Galego en todo o estado. Eliminación da obriga de saber español. Coma en Belxica, creacion dunha Comunidade Galegofalante con xurisdicción en todo o Estado que se enargaría de prestar os servizos personalizables en lingua galega (educación, saúde, serivos sociais, medios de comunicacion públicos) vivan onde vivan. Só serían elixibles de voto para os órganos reitores de tal Comunidade os proprios galegofalantes. In foro Interno, In Foro Externo : capadidade de repesentación da Comunidade galegofalane a nivel internacional (UNESCO, CPLP) e intermediacion directa con Portugal outros estados lusófonos e onde pervivan comunidades galegofalantes enraizadas.
Inaudito? Ben, iso xa é o que ocorre en Bélxica coas comunidades francófona, neerlandófona e xermanófona. É unha axenda obxectiva, para un publlico obxectivo. Non é mais Galego un de esquerda que un de dereitas, ao final o que nos une e o que da carta de natureza a nosa comunidade humana é a lingua. Todo o resto é relativo. Emporiso, no caso (moi hipotético) que fose o PP o que se comprometera a esa axenda, non haberia ningún reparo en apoialos. Se fosen os outros pois tamen. O que conta son o progreso obxectivo dos dereitos dos galegofalantes. Asi conseguiu sobrevivir por exeplo a comunidade sueca en Finlandia a hoxe. Unha existencia precaria certamente pero comunidades minorizadas coma a nosa non teñen o luxo de fixar os campo de batalla. Para florecer primeiro hai se sobrevivir, e isto hoxendia, con sesenta galegofalanes menos cada dia non esta para nada asegurado.
Coma noutros momentos escuros do século pasado onde o noso movemento viviu baixo a persecución e o risco de desaparición é unha vez máis pola lingua pola que podemos cnstruir un futuro. Por unha nova Irmandade da Língua Galega.