Manuel Rivas, convidado especial no Concello de Ferrol

O alcalde, Jorge Suárez, dílle que loitará para que Carballo Calero teña un Día das Letras Galegas. O escritor agasállao cunha edición da obra 'A lingua das bolboretas', traducida ao chinés.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, recibiu este mércores un visitante ilustre; o escritor e xornalista galego, Manuel Rivas. Foi unha visita oficial na Casa do Concello aproveitando que Rivas participaba no teatro Jofre nunha lectura teatralizada da obra 'O raposo e a mestra', para mais de 300 escolares dos CEIPs do municipio. 

Manuel Rivas e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, intercambian libros como agasallo nunha visita institucional do escritor
Manuel Rivas e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, intercambian libros como agasallo nunha visita institucional do escritor | Fonte: Concello de Ferrol

O xornalista chegou ao Pazo Municipal acompañado polo concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrechea, e mantivo "unha breve e amizosa xuntanza", segundo o concello, co primeiro edil no seu despacho, no que ambos intercambiaron agasallos en forma de letras. 

De feito, escritor entregoulle a Jorge Suárez unha edición traducida ao chinés dunha das súas obras mais populares, 'A lingua das bolboretas'. Mentres, Rivas recibía, de mans do alcalde, unha obra sobre Ricardo Carvalho Calero, ao tempo que lle transmitiu a firme vontade do Concello de Ferrol de conseguir para Calero o recoñecemento da Real Academia Galega para que lle adiquen a este profesor e historiador, nado en Ferrol, o Día das Letras Galegas. 

Rivas acudiu a Ferrol para participar nun acto literario e educativo. A Concellería de Cultura ven de adquirir exemplares da súa obra “O raposo e a mestra” para todos os nenos e nenas de 3º de Primaria dos CEIP de Ferrol que xa foron repartidos entre os colexios públicos. En paralelo, o escritor fixo unha lectura teatralizada súa obra coa música de CE Orquestra Pantasma, como banda sonora do relato. Ao termo, o escritor asinou os exemplares dos 316 rapaces e rapazas dos CEIPs Pazos, Ponzos, San Xoán, Isaac Peral, Recimil, Esteiro, Masdías, Juan de Lángara, Canido y A Laxe (Valón). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 sesese

Bueno, xa vendeu 316 exemplares.

1 Gamela

non empecemos a darlle sebo aos persoeiros que NON o precisan... !!! así morreu o bipartito ollo ao piollo ! Hai moita xente que precisa moitas cousas e non son precisamente lecturas teatralizadas... En Galicia de TEATRO xa temos dabondo !!!