Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/12/2024 | Actualizada ás 10:00
A taxa de inserción laboral dos titulados universitarios galegos aos tres anos de acabar os seus estudos sitúase no 56,93%, mentres que un 40,95% ten un emprego seis despois de saír da facultade.
Así se desprende do estudo 'Inserción laboral en Galicia das persoas egresadas no Sistema Universitario Público de Galicia' publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), con datos de estudantes que terminaron a carreira en 2021.
Así, ao ano seguinte de acabar as clases, ata un 46,12% dos graduados está a traballar, o que supón case tres puntos máis en comparación cos titulados na promoción anterior. Aos dous anos, un 53,86% xa ten un emprego e ao tres anos, un 56,93%, cifra similar á xeración previa (57,21%).
Entre outras cifras, a base de cotización media mensual ao tres anos de titularse é de 2.080,4 euros, estando o 53,8% no grupo de cotización 1 ou 2.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.