A Xunta aproba case 2.000 prazas na súa nova OPE, 637 delas de acceso libre

Case a metade das vacantes ofertadas (984) son para continuar coa funcionarización do persoal laboral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2024 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este venres o decreto da nova oferta pública de emprego (OPE) para a Administración Xeral e das súas entidades instrumentais, que ascende a un total de 1.973 prazas. Entre todas elas, hai 637 de acceso libre.

Ademais, ao redor da metade das vacantes ofertadas (984) son para continuar coa funcionarización do persoal laboral. A OPE tamén inclúe outras 327 vacantes para promoción interna de funcionarios e outros 52 para promoción interna horizontal. Para elaborar a listaxe, o Goberno galego aplicou a taxa máxima de reposición do 110 por cento que recolle os Orzamentos Xerais do Estado de 2023, os que hai actualmente en vigor.

Das 637 prazas de acceso libre, máis de 250 serán para os principais corpos e escalas da Administración Xeral, entre as cales destacan 165 para limpeza e cociña, 33 do corpo auxiliar (C2), 24 do corpo administrativo (C1), 10 para o superior (A1), outras tantas para o de xestión (A2) e tamén 10 para persoal subalterno, neste caso reservadas para persoas discapacidade intelectual.

Alfonso Rueda preside o Consello da Xunta do 27 de decembro de 2024.. XUNTA
Alfonso Rueda preside o Consello da Xunta do 27 de decembro de 2024.. XUNTA | Fonte: Europa Press

En canto á Administración especial, hai máis de 300 que inclúen 75 de bombeiro forestal, 50 de auxiliares de coidadores, 45 de auxiliares de cociña e 20 de auxiliares de clínica. Así mesmo, ofértanse un total de 54 vacantes de acceso libre noutras entidades do sector público autonómico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta