Entran en vigor os orzamentos da Xunta: 3 de cada 4 euros para o coidado das persoas e rebaixas fiscais para familias e empresas

Este mércores entraron en vigor os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para este ano 2025 que ascenden a 13.954 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2025 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Este mércores entraron en vigor os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para este ano 2025 que ascenden a 13.954 millóns de euros. Os recursos orzamentarios recollen, sinala o Executivo, "o reforzo continuo e permanente do gasto social, a sanidade, a educación, as políticas sociais e o emprego". "Para iso destínase unha cifra que supera por primeira vez os 10.000 milllones de euros ata alcanzar os 10.227 millóns, isto quere dicir que un 74 % do orzamento, tres de cada catro euros, destínanse ao coidado das persoas a través da sanidade, a educación, a política social e o emprego".

O Goberno galego insiste en que as contas apostan pola vivenda, cun orzamento de 221 millóns de euros. "E consolidan o modelo tributario galego que se caracteriza pola autonomía fiscal, a responsabilidade, que fai compatible a rebaixa da presión fiscal co reforzo dos servizos públicos, e que é sustentable, xa que consolida as medidas no tempo, en función da conxuntura económica". O Executivo galego afirma que os colectivos prioritarios para aplicar estes beneficios son as rendas medias e baixas, os menores de 36 anos, as familias numerosas e os colectivos vulnerables, "á vez que se favorece aos sectores estratéxicos da economía", apostila.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, na rolda de prensa de presentación dos Orzamentos 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, na rolda de prensa de presentación dos Orzamentos 2025 | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta