O Foro Económico prevé un crecemento de Galicia en 2025 "un pouco por baixo" de 2024

O PIB galego experimenta un "forte tirón" no terceiro trimestre de 2024, pero segue por baixo de España, aínda que vai "compasándose".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 09/01/2025 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, aprecia unha "conxuntura económica moi boa" en Galicia, con datos "sorprendentemente bos" tanto na comunidade como en España, "unha das illas de crecemento". A isto únese unha xeración de emprego que é de "máis calidade" que en anteriores etapas.

En rolda de prensa, celebrada en Santiago, Lago valora o avance galego, aínda que continúa por baixo da media española. Iso si, cun recorte do diferencial co conxunto estatal. Cuestionado sobre as previsións para 2025, Lago augura que "vai manterse no tempo" o crecemento de Galicia, aínda que será con taxas en 2025 "un pouco por baixo" de 2024.

Así mesmo, pon o foco sobre a alza económica que se vive no país é máis sólida que a que se producía en España debido á burbulla inmobiliaria, que era "moi desequilibrada". Tamén valora que o déficit "se vai reducindo", aínda que apunta unha débeda que segue por encima do 100% do PIB, pero que cunha redución de tipos que supón unha baixada de custos. Identifica retos na "parte política" e de forma "estrutural", unidos á "fragmentación" que se vive e que impide avanzar en cuestións como aprobar uns Orzamentos Xerais do Estado (PGE).

De tal modo, Lago reflexiona acerca de que se alguén falase en 2020 de que se ían a producir estas taxas de crecemento e emprego en 2024, diríase que era un escenario "excesivamente optimista".

"FORTE TIRÓN" DO TERCEIRO TRIMESTRE

E é que a economía galega acumula 14 trimestres consecutivos de crecemento. O economista e expresidente da Xunta Fernando González Laxe chama a atención sobre o "tirón" vivido no terceiro trimestre de 2024 (un 0,8% intertrimestral e un 2,8% interanual), "moi superior" ao que sucede noutros países europeos. Incide en que a economía galega crece "un pouco menos" que a española, pero vai "compasándose" aos seus ritmos, con menor diverxencia de meses anteriores.

O crecemento do terceiro trimestre prodúcese porque: continúan os bos datos de exportacións, mellora o consumo doméstico e hai un aumento do investimento público coa inxección en Galicia de 3.500 millóns dos fondos Next Generation. Automoción e téxtil seguen á fronte, á vez que a industria manufacturera crece de forma marca (un 4,2%). En contraposición, os datos son negativos no sector primario.

Laxe pon o foco sobre que Portugal desbancou a Francia no primeiro posto das exportacións galegas. Respecto diso, reflexiona acerca do proceso de "relocalización" que se vive en relación con empresas da automoción. Apunta á "materia pendente" de ampliar o marco xeográfico de vendas ao exterior.

Rolda de prensa do Foro Económico de Galicia. FORO ECONÓMICO
Rolda de prensa do Foro Económico de Galicia. FORO ECONÓMICO | Fonte: Europa Press

BALANCE "MOI POSITIVO" NO EMPREGO

José Francisco Armesto fixo un balance "moi positivo" do mercado laboral, no que mellora a ocupación e a calidade do emprego ao reducirse a temporalidade. A taxa de paro descende por primeira vez do 9% desde 2008. No terceiro trimestre creouse emprego indefinido no sector privado, fundamentalmente entre mulleres, con auxes da industria e a construción. Tamén aumenta a poboación activa e hai maior dinamismo no emprego por conta propia, maiormente en mulleres.

UN 95% DE CONVERXENCIA EN 2026

De cara a futuro, Santiago Lago identifica avances na converxencia de Galicia con España. Remarca que foi a comunidade que máis recortou o diferencial no que vai de século. "Chama a atención" o avance económico a pesar da crise demográfica, no que "ten moito que ver" as exportacións. Augura unha converxencia do 95% con España cara a 2026.

Cre necesario que haxa máis empresas de máis de 50 e 100 empregados para maiores avances, ademais de redifinir políticas públicas que empuxen ás compañías a gañar tamaño e que poidan investir en I+D+i, con perfís "mellor preparados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta