Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/01/2025 | Actualizada ás 16:41
O Concello de Ortigueira presentou este sábado o cartel e un pequeno avance da programación do Festival Internacional do Mundo Celta 2025, que se celebrará do 9 ao 13 de xullo nunha edición que estará marcada polo 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira e por actuacións como a de Gwendal ou Milladoiro. No acto de presentación, que tivo lugar no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, presentouse o cartel oficial e proxectouse un vídeo co avance da programación de 2025, ademais de presentar algunhas das novidades que acompañarán a esta edición.
Deste xeito, a organización explicou nunha nota de prensa que durante a presentación interviñeron o alcalde do municipio, Valentín Calvín, o director da cita musical, Alberto Balboa, o presidente da Escola de Gaitas, Bruno Lozano, e a autora do cartel deste ano, Mónica Fustes, entre outros. Ademais, Lozano avanzou que algunhas das bandas de gaitas participantes nesta edición serán, a Banda de Gaitas Xarabal, a Banda de Gaitas Lembranzas Solpor de Galicia, a Banda de Gaitas Vila Mieres e o Grupo Folcroricu Prau Llerón de Asturias e Kevrenn Breiz Sant Mark desde Bretaña. Así mesmo, o escenario do festival contará coa actuación de artistas como Alana, Buíoch, Gwendal, Milladoiro, A Bottine Souriante, Dallahan, Flook, Tiruleque, Tejedor, Boj e a Escola de Gaitas de Ortigueira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.