A Xunta e cazadores buscan colaborar para a xestión do lobo e o xabaril

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Xunta e a Federación Galega de Caza avaliaron vías de colaboración para a xestión do lobo e o xabaril, nunha reunión presidida pola titular de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. Nela, informa a Administración autonómica, coincidiron "na necesidade de que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o lobo".

A reunión contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Caza, Luís Eusebio Fidalgo, e outros representantes da entidade para avaliar posibles vías de colaboración para a xestión de especies de fauna silvestre como o lobo e o xabaril.

Tras o encontro, e sobre o abordado, a Xunta afirma que se coincidiu en cualificar como "un erro" a inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) por parte do Goberno central, "así como na necesidade de que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o lobo".

Xa sobre o xabaril, apunta que na tempada cinexética 2023-2024 o número de capturas de xabarís en toda Galicia foi de 18.283, na liña de anos anteriores, e a superficie danada roldou as 2.800 hectáreas. Os representantes da Federación, pola súa banda, aproveitaron a reunión para expor a actual situación do sector cinexético en Galicia, así como algunhas das súas demandas de face a garantir o futuro e a substitución xeracional do colectivo.

Un cazador, durante unha xornada de caza
Un cazador, durante unha xornada de caza | Fonte: Pablo Requejo - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta