Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2025 | Actualizada ás 10:32
Dous homes foron detidos pola Garda Civil no municipio lugués de Chantada como presuntos responsables dun delito de abusos sexuais contra unha muller con discapacidade.
Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no propio concello do sur da provincia luguesa. Os dous detidos foron trasladados a depedencias policiais, onde pasaron a noite á espera do seu pase a disposición xudicial, que se producirá na mañá deste martes, como confirmaron fontes xudiciais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.